Riotorto, 17 de agosto, 2026. O alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias, suspendeu o pleno ordinario celebrado o pasado venres sen ofrecer explicacións á corporación e sen permitir o debate das mocións e propostas presentadas polo BNG.
Segundo denuncia a formación nacionalista, os concelleiros do goberno abandonaron o Salón de Plenos antes de que o BNG puidese defender a moción incluída na orde do día, na que se solicitaba o desbroce e a garantía de abastecemento dos depósitos e puntos de carga de auga en diferentes zonas do municipio.
A portavoz do BNG, Vanesa Gómez, afirma que “é práctica habitual do goberno municipal reducir ao mínimo o debate nos plenos, permitindo tratar só unha moción —mesmo cando non hai outros asuntos na orde do día— e vetando aquelas que lles resultan incómodas”. Engade que “se mostran especialmente nerviosos cando hai persoas no público, como ocorreu este venres”.
Gómez critica que “Clemente Iglesias e o goberno municipal utilizan no pleno a mesma apisoadora coa que pasan por riba dos dereitos das veciñas e veciños”, citando como exemplo “a instalación de cámaras no ximnasio e no pavillón deportivo do colexio sen previo aviso e a difusión das imaxes en teléfonos particulares, ou a denuncia das traballadoras do SAF que acoden como público aos plenos”.
A portavoz nacionalista asegura que “no último ano, Clemente Iglesias dedicou máis tempo a chamar á Garda Civil para amedrentar persoas que cuestionan a súa xestión e a declarar no xulgado que ao debate democrático no pleno”.
O BNG lamenta que a suspensión do pleno impedise tamén formular, na quenda de rogos e preguntas, outras demandas como o desbroce de terreos e pistas forestais situadas nas franxas de protección fronte a incendios delimitadas no Plan Municipal de Prevención de Incendios, ou a cesión dun local municipal á Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto.









No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



