O Concello de Viveiro recepciona unha actuación que permitiu renovar o saneamento e o abastecemento e mellorar o firme nun tramo de 320 metros do barrio do Coello
Viveiro, 19 de agosto de 2026. O Concello de Viveiro informa da finalización e recepción das obras de renovación de servizos e pavimentos na Avenida de Santiago, na parroquia de Covas. A actuación permitiu mellorar de maneira integral as infraestruturas e o estado do viario nun tramo de 320 metros do barrio do Coello, dando resposta ás necesidades existentes nunha zona caracterizada polo volume de tránsito e polas particularidades do seu trazado.
Os traballos, financiados con cargo ao Plan Deputación 2025, incluíron a renovación das redes de saneamento e abastecemento, así como a posterior reposición do firme, mellorando tanto os servizos básicos como as condicións de circulación e accesibilidade. A intervención contou cun orzamento de 189.261,61 euros e supón unha mellora significativa para a veciñanza do barrio do Coello e para o conxunto da parroquia de Covas.
Unha vez concluída a obra, o Concello de Viveiro procedeu á súa recepción, poñendo á disposición da cidadanía unha Avenida de Santiago renovada, con servizos modernizados e un firme acondicionado que contribúe á mellora da contorna e á calidade dos servizos municipais. Desde o Goberno municipal destácase a importancia de continuar actuando sobre as infraestruturas e servizos públicos das diferentes parroquias, atendendo ás necesidades existentes e mellorando progresivamente os espazos públicos.
O Grupo Municipal Socialista de Viveiro participou na recepción da obra e lembrou que foi o anterior goberno municipal, presidido polo Partido Socialista, quen incluíu esta actuación no Plan Deputación 2025, deixando redactado o proxecto e consignado o financiamento necesario para a súa execución. O grupo socialista celebra que a intervención estea xa rematada e agradece á Deputación de Lugo a continuidade do Plan Deputación, unha ferramenta de cooperación que permite que todos os concellos dispoñan de recursos para acometer obras e prestar servizos necesarios.
A colaboración institucional entre a Deputación de Lugo e o Concello de Viveiro, subliñan, fai posible que actuacións necesarias e planificadas poidan converterse en realidade, como é o caso desta mellora na Avenida de Santiago.























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.