Ortigueira, 28 de agosto de 2026. O ciclo A cultura toma a rúa chega esta fin de semana ao seu final despois dun mes de agosto no que a cultura foi protagonista en diferentes espazos e rúas do municipio. A programación, desenvolvida a través dos ciclos Solpores da Ribeira de Espasante e Sons do Claustro, reuniu máis de 1.700 persoas nas diferentes actividades organizadas ao longo do mes.
A proposta naceu co obxectivo de achegar a cultura á cidadanía e sacar as diferentes manifestacións artísticas dos seus espazos habituais, ofrecendo unha programación diversa na que tiveron cabida a música, a fotografía, as artes escénicas e outras propostas culturais.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, amosouse moi satisfeita coas cifras rexistradas pola programación cultural veraniega, afirmando que “hemos conseguido lo que nos proponíamos: acercar la cultura a la gente y hacerla un espacio común en diferentes rincones de nuestro municipio”. Cartelle engadiu que “respuestas tan positivas como esta por parte de los vecinos hacen que en el departamento de Cultura sigamos trabajando para ofrecer cada vez mejores espectáculos y más interesantes para nuestros vecinos y vecinas”.
“BenQuerer” pecha o ciclo este domingo
Como peche desta programación, este domingo, 30 de agosto, o Teatro da Beneficencia acollerá “BenQuerer”, o espectáculo de Fran Sieira, acompañado en directo por Caamaño & Ameixeiras, nunha proposta que combina danza, música e tradición galega desde unha perspectiva contemporánea.
“BenQuerer” é unha creación íntima e persoal na que Fran Sieira parte da súa propia experiencia para reflexionar sobre a necesidade de parar, escoitarse, aceptar os propios límites e aprender a coidarse e quererse ben. A peza cuestiona os ritmos e as esixencias dunha sociedade que empurra constantemente a producir, avanzar e continuar, e formula unha pregunta esencial: ¿somos capaces de permitirnos parar?
A través do corpo e do movemento, e coa música en directo de Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras, a creación constrúe unha linguaxe escénica contemporánea que mantén unha profunda conexión coas raíces da cultura e da tradición galega.
Ademais da representación, o público terá a oportunidade de participar nun encontro con Fran Sieira ao final do espectáculo. O creador compartirá o proceso de creación do seu traballo, o punto de partida da peza e as diferentes claves artísticas e persoais que están detrás da proposta.


















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



