Xove, 18 de setembro, 2026. O Departamento de Agricultura do Concello de Xove organiza as súas I Xornadas Micolóxicas, unha nova iniciativa que abre un espazo de aprendizaxe, divulgación e contacto directo coa natureza. Esta primeira edición celebrarase o sábado 10 de outubro, cun programa que combina charla divulgativa, saída de campo e obradoiro práctico de identificación de cogomelos.
A actividade comezará ás 10:00 da mañá no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove. Tras unha breve parte teórica, as persoas participantes desprazaranse polos seus propios medios a un punto do concello na procura dos mellores cogomelos. Na saída de campo explorarase a diversidade micolóxica da contorna e, xa pola tarde, terá lugar un obradoiro de identificación no que se traballarán as características morfolóxicas e as boas prácticas para un recoñecemento seguro das especies atopadas.
A participación nestas xornadas é gratuíta, pero as prazas son limitadas.
As persoas interesadas deberán realizar a preinscrición antes do 3 de outubro a través da seguinte ligazón: bit.ly/micoloxia-xove
O Concello de Xove lembra que a preinscrición non implica a reserva da praza, que será confirmada posteriormente. Recoméndase acudir con roupa axeitada, cesta e navalla para a saída de campo.
Con esta iniciativa, o Concello aposta pola divulgación do coñecemento do medio natural e por ofrecer á veciñanza actividades formativas e prácticas relacionadas coa biodiversidade e o patrimonio natural de Xove.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



