A diario, saio andar pola aldea onde nacín e me criei e agora, no outono da vida, dende unha mirada máis reflexiva e sosegada, tento volver disfrutala.
Hoxe deume por matinar no enorme cambio que sufríu a parroquia e todo o litoral do meu concello, dende a ría de Foz ata a Praia das Catedrais. E digo sufriu, porque vexo un acusado deterioro da contorna natural e construida e tamén, da ordenación do territorio. Feitos producidos ao longo destas últimas décadas e que tamén afecta a unha boa parte da Galicia rural e litoral, aínda que neste concello de Barreiros e posiblemente tamén no de Sanxenxo, resulten paradigmáticos.
Lembro da miña infancia unha paisaxe profundamente humanizada e un patrimonio construído totalmente conectado coa tradición. Todo tiña unha identidade de seu porque era o froito dunha longa historia de interacción co mundo labrego e onde toda a veciñanza se sentía plenamente integrada na súa contorna. Había unha total simbiose entre o mundo físico e humano, entre pasado e presente, da que xurdía unha identidade singular que formaba parte da alma de cada parroquianos.
Pero ao longo destes anos todo foi mutando hacia unha maior degradación, ata acabar por converterse nun esperpento do que foi.
As causas desta degradación, que afecta a gran parte do mundo rural galego e nomeadamente ao seu litoral son, baixo o meu punto de vista, dúas: o persistente abandono do rural e a presión urbanística encol dun litoral que non contaba cun marco protector axeitado, ao que cómpre sumar unha deficiente sensibilidade medioambiental de moitas das equipas de goberno municipal, como foi o caso neste concello de Barreiros na etapa do boom inmobiliario. Isto deu lugar ao un desenvolvemento urbanístico sen ningún control entre a ría de Foz e as Catedrais e paradoxicamente, sen consecuencias xurídicas para os seus responsables.
A respeto do abandono e avellentamento do rural, semella que hai un claro vínculo entre o devandito abandono e a degradación da paisaxe, porque se rompeu a interacción entre o ser humano e a natureza, desaparecendo desta forma o mantemento e coidado da contorna, que se traduciu nunha diminución da diversidade paisaxística, da perda de biodiversidade e deterioro de moito do patrimonio construído que se acabou degradando por mor do abandono.
A respeto do urbanismo, o concello de Barreiros resulta ser un caso paradigmático da desfeita e degradación que se produxo no litoral galego, porque se permitiu, principalmente na primeira década deste século, a construción de centos de vivendas nun solo que non contaba cos servizos básicos indispensables para soportar tal volume de poboación. Ademais, resulta constatable a falta dunha planificación homoxénea.
Daquela aberración urbanística quedounos hoxe un panorama bastante desolador: esqueletes de formigón abandoados, mesturados con bloques sen rematar e outros rematado e practicamente baleiros e sen as dotacións mínimas necesarias.
Esta desfeita contrasta co litoral do concello veciño de Ribadeo onde unha equipa de goberno con sensibilidade medioambiental e amor á terra impediu, con medidas axeitadas, que se producira no seu litoral un disparate semellante.
Un exemplo claro de que a política pode ser un instrumento clave para impedir a degradación e favorecer un medio sustentable.


















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



