Os senadores sinalan que “mentres a Xunta reforza os equipos de Inspección de Servizos Sanitarios autonómicos, o Goberno de Sánchez desatende ao INSS con plantillas insuficientes e vacantes sen cubrir”
Lugo, 19 de setembro de 2026. Os senadores do PP lucense advirten que o Instituto Nacional da Seguridade Social, dependente do Goberno de Sánchez, ten máis de 1.600 expedientes de valoración de incapacidades sen resolver na provincia de Lugo.
O propio Executivo recoñece en resposta ás preguntas formuladas por José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano que “o número de expedientes pendentes de resolución na Dirección Provincial do INSS en Lugo, a data de maio de 2026, ascende a 1.629”. Iso si, “non facilita o tempo medio de espera dende a presentación dunha solicitude ata a recepción dun ditame”.
Esta cifra confirma, para os populares, a “importante demora” que xa temían en relación á resolución de expedientes por parte do Equipo de Valoración de Incapacidades debido á “falta de reposición de efectivos” no servizo que na provincia conta con 2 profesionais dun total de 7 dotacións; é dicir, con menos do 30% dos efectivos.
Os representantes do Partido Popular advirten da “crecente preocupación de cidadáns e traballadores -que teñen que soportar importantes cargas de traballo para soster este servizo público- ante o aumento dos tempos de espera, as dificultades para obter atención presencial e o atraso acumulado na tramitación de expedientes e prestacións”.
Os senadores populares tamén poñen o foco nas valoracións telemáticas do INSS que alcanzan “o 80 ou 90%. As valoracións fanse maioritariamente de forma telemática, non presencial, enviando os expedientes a outras direccións provinciais, incluso, fóra de Galicia. Non entendemos como se poden facer valoracións de incapacidades de forma telemática”, apuntan.
Os populares subliñan que “mentres a Xunta reforza os equipos da Inspección de Servizos Sanitarios da súa competencia, o Goberno de Sánchez desatende ao INNS” á vista das “plantillas insuficientes, vacantes sen cubrir e unha evidente falta de reforzos para garantir unha atención áxil e adecuada aos cidadáns”.
FALTA DE MÉDICOS EN TODOS OS ÁMBITOS
Os senadores fan tamén fincapé en que “o Goberno de Sánchez recoñece que a falta de profesionais médicos afecta a todos os ámbitos da sanidade”. Nese sentido, condenan a “hipocrisía” das críticas do PSOE e do BNG ante a falta de médicos en Galicia “cando o Goberno socialista apoiado polos nacionalista recoñece que a falta de profesionais afecta a toda España e aos distintos ámbitos”, conclúen.


















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



