Foz, 19 de setembro de 2026. O Concello de Foz presenta o novo curso do programa socioeducativo Educando en Familia e a principal novidade desta edición é a incorporación dunha psicopedagoga, “un recurso co que as familias poderán recibir atención individualizada para unha posible detención temperá de dificultades na aprendizaxe e na linguaxe, TDAH, TEA ou altas capacidades dos seus fillos”, explica a concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, que engade: “esta iniciativa é de carácter público é totalmente gratuíto, está dirixida ós menores e ás familias da localidade nas diferentes etapas de desenvolvemento (con especial atención en idades de 0 a 6 anos) ofrecendo orientación e prevención aínda que acudan a outros centros escolares, co fin de contribuír á colaboración, formación e apoio das familias. Con este novo recurso preténdese reforzar e desenvolver plenamente as capacidades dos nenos e nenas a través dunha serie de actividades dependendo da idade de cada menor”.
Ana Rojo destaca: “dende a área de Servizos Sociais do Concello poñemos en valor este consolidado programa centrado no benestar infantil e na educación emocional, que non só está concibido para intervir cando xa existe un problema senón que a súa vocación e principalmente preventiva e de acompañamento diario”.
Tamén indica que entre as actividades programadas para este inicio de curso “figuran as charlas formativas en espazos grupais onde se comparten experiencias entre os proxenitores, impartindo valores dende o afecto, o respecto, a igualdade e a inclusión, con diferentes dinámicas para facilitar unha mellor adaptación nos inicios das estapas educativas. Estas sesións presenciais xunto cos espazos formativos desenvolveranse nos centros do municipio Ceip Fondo Nois e Ceip O Cantel, onde o equipo de orientadoras do programa facilita a coordinación directa cos docentes dos centros educativos, especialistas externos, técnicas do Concello, educadora familiar e traballadora social, combinando recursos, cando sexa preciso abordar intervencións integrais, enriquecendo así o resultado final”.
Ademais a Concellería de Servizos Sociais “apoia este programa co envío postal da correspondencia informativa ás familias dos nenos e nenas de 0 a 6 anos do concello, convidándoas ás vindeiras reunións informativas impartidas polas orientadoras, que terán lugar no Ceip O Cantel o próximo luns 21 de setembro ás 16:30 horas e o día 1 de outubro no Ceip de Nois ás 15:30” e anuncia que “para calquera información sobre este programa as persoas interesadas poden chamar o número de teléfono de Encarna, a mestra orientadora, que é o 630.77.79.49”.




















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



