Lugo, 19 de setembro de 2026. A deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira Morandeia, participou este sábado no Hotel Spa Attica21 de Vilalba na inauguración da xornada Apoderadas: O rural tamén é noso, unha cita organizada pola Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (FADEMUR) e en colaboración co Concello de Vilalba e a Deputación de Lugo. O evento congregou a case 300 asistentes.
Tras o acto de inauguración, tivo lugar unha mesa redonda sobre experiencias de mulleres emprendedoras moderada pola xornalista de Onda Cero Carme Hermida. Nela participaron a coordinadora do proxecto Woman Emprende da USC; Eva López; a fundadora de Orixe Salgada, Elena Fontán; e a gandeira e emprendedora en hostalería Lidia Gómez. A continuación, celebrouse unha conferencia da man da fundadora de Licores os Maios, Maica Fernández, e un coloquio na que todas as asistentes puideron participar.
A programación incluíu tamén actuacións musicais, degustacións de produtos da terra, obradoiros sobre emprendemento e actividades grupais para afondar nos coñecementos adquiridos ao longo da xornada.
Marisol Morandeira recordou que “temos que seguir abrindo camiño e a responsabilidade das administracións é clara: debemos poñer os recursos á disposición das persoas que decidides apostar polo rural”. Nesa liña sinalou que a Deputación faino “coas accións e os investimentos que levamos a cabo para mellorar as infraestruturas e os servizos e tamén coas colaboracións que temos con entidades. No caso de FADEMUR achegamos 50.000 euros ao ano para impulsar eventos coma este”. Rematou facendo especial fincapé en que “citas coma esta poñen de manifesto que o noso rural non ten límites e as mulleres tampouco”.

















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



