Os deputados do Grupo Provincial Popular reclamaron ao goberno de PSOE e BNG que deixase de “perseguir e sancionar aos concellos da provincia por motivos políticos”
Lugo, 29 de setembro de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a postura de PSOE e BNG que se negaron a apoiar a petición dos populares para que José Tomé e o goberno provincial pedisen disculpas públicas aos veciños de Ribadeo despois de que a xustiza anulase e deixase sen efecto a resolución sancionadora pola que se lle impuxera unha multa de 25.000 euros ao Concello de Ribadeo.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, destacou durante o debate da moción que esta sentenza ratifica que a actuación do Concello de Ribadeo “foi correcta ante a necesidade evidente” de acometer labores de desbroce e limpeza de maleza nas vías provinciais para garantir a seguridade dos usuarios, unha competencia que lle corresponde á Deputación e ante a cal o ente provincial “mirou para outro lado ante as peticións de desbroce realizadas polo propio Concello”.
Antonio Ameijide denunciou o “sectarismo e a actitude autoritaria” do goberno provincial —tanto na etapa de José Tomé como con Carmela López— cos municipios gobernados polo Partido Popular.
Unha sitación que destacou durante o debate Antonio Ameijide, xa que a resolución xudicial evidencia o prexuízo económico que o executivo pretendía causar aos veciños de Ribadeo “unicamente porque o Concello realizou os traballos que a Deputación se negaba a realizar en prol da seguridade viaria”.
Unha sentenza máis en contra da Deputación que se engade a outras moitas, como derrotas xudiciais relacionadas co traslado dos traballadores de Suplusa a Tragsa —declarada nula polo Tribunal Supremo— e a condena do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por inactividade na apertura da residencia de maiores de Becerreá, ou, máis recentemente, a da Casa Botica en Guitiriz.






















Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



