Xove, 2 de outubro de 2026. O Grupo Municipal Socialista de Xove levará ao pleno do vindeiro luns, 5 de outubro, unha moción para reclamar á Xunta un reparto transparente e equitativo do canon da auga e os investimentos necesarios para mellorar a subministración no municipio. O PSdeG defenderá tamén un rogo para impulsar un novo pavillón multiusos e varias preguntas sobre os servizos públicos e o mantemento de espazos municipais.
A moción sobre o canon da auga pon o foco na necesidade de que os fondos recadados teñan un retorno nos concellos e contribúan a resolver as súas carencias. As e os socialistas reclaman actuacións que eviten as limitacións no uso da auga durante o verán en Xove e corrixan a deficiente calidade que denuncian nos meses de inverno.
A formación cuestiona a falta dun sistema público, regulado e transparente que permita coñecer como se distribúen estes recursos. Advirte de que a asignación de fondos a través de convenios bilaterais, sen criterios obxectivos e verificables de reparto, favorece os agravios comparativos entre municipios e a discrecionalidade da Xunta.
Por iso, a proposta reclama que, como mínimo, o 50% da recadación obtida en cada concello reverta en investimentos no propio municipio. Ademais, propón destinar un 30% a un mecanismo de solidariedade territorial, dirixido prioritariamente aos concellos con maiores necesidades de infraestruturas, dispersión poboacional ou limitacións orzamentarias, e reservar un máximo do 20% para os custos de xestión, mantemento e funcionamento do sistema autonómico.
A iniciativa esixe tamén a publicación anual dun informe desagregado por concellos que detalle a recadación, os investimentos executados, os convenios asinados e os criterios técnicos empregados. O obxectivo é garantir que os recursos se asignen segundo as necesidades dos territorios e os parámetros técnicos e ambientais, sen condicionantes partidistas.
Un pavillón axeitado ás necesidades de Xove
No ámbito das instalacións municipais, o PSdeG pedirá ao Goberno local que encargue un proxecto para construír un pavillón multiusos. Dende a formación consideran que o actual polideportivo do Centro Cívico presenta importantes limitacións para acoller as actividades que se desenvolven nel, ás que se suma un mantemento deficiente xa denunciado en anteriores plenos.
Lembran, ademais, que a instalación foi deseñada nos anos oitenta, inicialmente como praza de abastos, e defenden a necesidade de dotar Xove dun equipamento adaptado ás necesidades actuais.
Información sobre o centro de día, o SAF e a vivenda social
O Grupo Municipal Socialista preguntará tamén polas condicións de funcionamento e, especialmente, polas tarifas do centro de día. As e os socialistas valoran positivamente a súa posta en marcha, pero critican que volveron coñecer as novidades a través da prensa e reclamarán ao PP que explique as condicións nas que se prestará este servizo.
En materia de atención á veciñanza, preguntarán en que punto se atopa a licitación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Tamén solicitarán información sobre cantas vivendas sociais ten o Concello dispoñibles para adxudicar e cales son as bases reguladoras da súa adxudicación.
Finalmente, o PSdeG preguntará ao executivo de Salgueiro se ten previsto reparar a fonte de Vilela, na parroquia da Rigueira e, en relación con Palmeiro, pedirá explicacións sobre o criterio seguido para sinalizar unha praza de estacionamento para autobuses nun lugar que non conta con este servizo.
“Salgueiro ten que esixir ao seu partido na Xunta que actúe dunha vez e garanta unha subministración de auga digna para Xove. Agardamos que o alcalde e o seu equipo apoien esta moción e poñan as necesidades de Xove por diante dos intereses do PP. Dende o PSdeG seguiremos reclamando mellores servizos para a nosa veciñanza e explicacións sobre a súa falta de xestión”, conclúe o PSdeG.

























Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



