A central anima ao conxunto do persoal a secundar o paro e participar na manifestación que sairá ás 11h do Hiper Froiz da rúa Montero Ríos
Lugo, a 2 de outubro de 2026. A CIG ten convocada unha xornada de folga no comercio de alimentación da provincia de Lugo para o vindeiro sábado, 10 de outubro, en resposta á falta de avances na negociación do convenio colectivo e á rotunda negativa da patronal a asumir ningunha das reivindicacións sociais. A central fai un chamado ao conxunto do persoal do sector regulado por este convenio a dar unha resposta contundente secundando o paro e tamén participando da manifestación que sairá ás 11 horas do Hiper Froiz da rúa Montero Ríos e rematará diante da CEL na Praza de Santo Domingo.
Non a todo. Así se resume a postura que a patronal de comercio de alimentación -liderada por Gadis e Froiz- está a manter na negociación do convenio provincial de Lugo, despois de atrasar deliberadamente a constitución da mesa para renovar o marco regulador. Na reunión celebrada este mesmo venres, a patronal continuou sen achegar ningunha proposta e limitouse a instar unha nova xuntanza para o mércores 7 ás 12h.
“Trátannos como a traballadoras e traballadores de segunda”, denuncia Xosé Paz, secretario comarcal da CIG-Servizos, quen lembra que o convenio de Lugo é o peor pagado de toda Galiza, cunha disparidade nas retribucións que chega aos 200 euros/mes.
Unha proposta salarial que non permite manter o poder adquisitivo
Para acurtar estas diferenzas, a CIG reivindica un convenio a dous anos cun incremento salarial do 14% para 2026 e do 5% para 2027. “Non se trata de ningunha petición disparatada. O pasado ano, estas mesmas empresas asinaron en Ourense un convenio cunha suba do 12% para 2025 e do 6,3% para 2026. Pero aquí, Gadis e Froiz quérennos meter no vagón de cola cun convenio a catro anos con subas miserábeis do 3,5% para 2026, do 2,5% para 2027 e do 2% para 2028 e 2029”, critica Paz.
Unhas cifras, salienta, que nin sequera permitirían manter o poder adquisitivo dos soldos, ao ficar por debaixo das previsións do IPC, que en setembro xa se disparou até o 4,9%. Nun contexto de inflación desbocada, coa cesta da compra, a enerxía e a vivenda subindo sen parar, que a patronal faga esta proposta “é un insulto ao conxunto ao persoal, porque non hai que esquecer que estas empresas pecharon o ano con beneficios millonarios”.
A patronal non quere asumir ningunha mellora social ou laboral
Ademais da negativa a garantir unhas retribucións dignas, a patronal tampouco quere asumir ningunha outra reivindicación de carácter laboral ou social. “Nin axuda escolar anual por crianza como xa teñen recoñecido nos convenios doutras provincias, nin melloras nos descansos das fin de semana e nas vacacións, nin máis días de lactación e avances nas licenzas retribuídas que xa recollen outros convenios, e nin sequera ampliar a cobertura durante as baixas, cando no resto de Galiza xa se cobra o 100% do complemento de IT”, rexeita o responsábel da CIG-Servizos.
Xosé Paz explica que o único ao que se abriu a patronal foi a dar un día de permiso por trámites de separación ou divorcio e subir o prezo da quilometraxe a 0,26€ “que é o mínimo legal, porque xa o propio decreto do Goberno estabelece que non se pode pagar por debaixo desa cantidade. Do resto, nada”.
Diante disto, a CIG salienta que o sector ten razóns de sobra para ir á folga e insta o persoal a saír á rúa no firme convencemento de que só a través da mobilización se poden conseguir convenios dignos e avanzar nos dereitos. “É a patronal co seu inmobilismo e as súas propostas de miseria a que está abocando o sector ao conflito. Coa súa persistente negativa a abordar ningunha das reivindicacións sociais, o empresariado non nos deixa outra saída que a folga”, conclúe Paz.





















Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



