A primeira vista, poidera resultar pouco comprensibles, que ao longo destes últimos anos o debate encol dos problemas identitarios e culturais gozaran, dentro do espazo da esquerda, dunha enorme preponderancia en contraste cun valor tan universal como o da igualdade, tendo en conta ademais, que estamos a falar dos anos nos que máis aumentaron as desigualdades.
Cómpre lembrar que este crecemento das políticas identitarias, según o historiador inglés Eric Hobsbawm, afunde as súas raíces nas profundas transformacións sociais e culturais que empezan a darse nos países máis desenvolvidos a finais da década dos sesenta do século pasado, como quedou de manifesto no Maio do 68, onde unhas sociedades asentadas en costumes e valores sólidos empezan a mutar hacia sociedades máis líquidas e polo tanto, máis cambiantes e inestables, en palabras do pensador Zigmunt Bauman.
Esta transformación deu lugar a que dentro dos sectores máis conservadores moita xente empezara sentir unha maior orfandade e desorientación. Mentres, outros sectores da poboación máis vinculados coa mocidade, buscan abrazar novas formas de identidade como o xénero, a orientación sexual, o pacifismo ou o ecoloxismo, o que fará que o feito identitario e cultural empece a xogar un papel cada vez máis relevante nas sociedades occidentais.
Emerxe, polo tanto, un escenario propicio para que as políticas de identidade empecen a tomar relevancia no espazo público. Un feito que se verá favorecido poucos anos despois por un acontecemento que tamén contribuirá a acentuar a crise no espazo da esquerda. Estoume a referir á globalización económica neoliberal que vai liberar a economía do control dos Estados e xa que logo, da acción dos gobernos de esquerda que se verán con enormes dificultades para aplicar políticas fiscais e monetarias autónomas e poder así favorecer os intereses das clases traballadoras.
Estes dous acontecementos propiciaran que o debate político vaia abandoando o eixe capital-traballo para centrarse cada vez máis na batalla cultural e onde as políticas identitarias pasaron ocupar unha posición de gran relevancia, o que favoreceu o inicio hexemónico das dereitas.
Neste novo contexto e como é propio do desenvolvemento das políticas identitarias, iniciouse no espazo da esquerda un proceso de fragmentación, porque xa non se tratará de loitar polos mesmos obxetivos comúns, compartidos por unha gran maioría da clase traballadora como era propio da esquerda tradicional, senón en pór o acento na loita por superar discriminacións específicas de distintos grupos sociais que nada tiñan que ver coa defensa de valores universais como a xustiza social e a igualdade, capaces de unir a grandes maiorías.
Este cambio hacia un predominio do identitario, ademais de fragmentar a clase obreira propiciou que distintos sectores da clase traballadora foran abandoando os novos obxetivos da esquerda, posiblemente, por sentirse ignorados por discursos percibidos como culturalmente elitistas, desplazando así o seu voto a novos partidos da dereita populista nacidos, en parte, deste descontento. Coido que a evolución da extrema dereita francesa é paradigmático neste sentido.
Seguro que hai outros factores que influíron no debilitamento deste espazo ideolóxico pero a xestión das políticas identitarias xunto ao emancipación da economía do poder dos Estados coa globalización económica neoliberal, coido que foron dous factores fundamentais da crise do espazo progresista.
Posiblemente faltou encontrar o equilibrio entre o particularismo das políticas identitarias e a universalidade dos valores clásicos de liberdade, igualdade e fraternidade, ademais de impulsar organismos transnacionais con capacidade para regular os mercados como hoxe pasa co as grandes empresas tecnolóxicas.























Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.



