Lourenzá, 3 de outubro, 2026. Na mañá de hoxe, unha representación do BNG —formada polo parlamentario mariñao Daniel Castro, o responsable comarcal Antonio Veiga, o deputado de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo Daniel García, a vicerresponsable comarcal Iria Cotelo e representantes do BNG en Lourenzá coa concelleira Belén Fanego á fronte— participou na XXXIV Festa da Faba. Durante a xornada mantiveron conversas con produtores e produtoras, así como cos responsables da IXP Faba de Lourenzá e da cooperativa Terras da Mariña, co obxectivo de coñecer de primeira man a situación do sector nun ano especialmente complexo.
Garantía de desenvolvemento sostible
Desde o BNG salientan o traballo desenvolvido polo sector da faba en Lourenzá e na comarca, e subliñan que as políticas para o medio rural deben ser estratéxicas. Segundo explicou Daniel Castro, estas políticas “son pezas fundamentais para manter a produción de alimentos, asegurar o maior grao posible de soberanía alimentaria e avanzar na garantía dunha alimentación saudable para a sociedade. Ao mesmo tempo, forman parte dun proxecto de ordenación do territorio necesario para o conxunto do país”.
Castro destacou tamén que o esforzo dos produtores e produtoras, da cooperativa e da IXP ao longo dos últimos anos deu resultados en múltiples ámbitos, entre eles o cumprimento de obxectivos de desenvolvemento sostible e a creación de emprego.
A importancia da soberanía alimentaria
O parlamentario mariñao puxo en valor o papel da faba para Lourenzá, resaltando “o valor colectivo da produción no val, que crea un sentimento de pertenza arredor desta xoia da terra. É un produto de temporada, pero que se pode consumir todo o ano. É fundamental o labor que realizan tanto os produtores e produtoras como a IXP Faba de Lourenzá para achegar á poboación a importancia da soberanía alimentaria e do consumo responsable”.
Produtos frescos e mercados de proximidade
Pola súa banda, o deputado de Medio Rural da Deputación de Lugo, Daniel García, lembrou o traballo que se está a desenvolver desde esta área para impulsar, a nivel municipal, a creación, consolidación e recuperación de mercados de proximidade. Estes espazos, explicou, son unha ferramenta estratéxica para achegar á cidadanía produtos frescos e transformados procedentes do sector agrogandeiro da comarca.
Niveis de renda dignos para o sector agrario
O BNG defende que, no marco do Plan Estratéxico da PAC 2021-2027, é necesario garantir niveis de renda dignos para a produción agraria, estabilizar os mercados e equilibrar as relacións entre os distintos axentes da cadea agroalimentaria. Tamén consideran fundamental reducir os desequilibrios existentes na agricultura comunitaria, permitindo que áreas periféricas como Galiza poidan desenvolver plenamente a súa capacidade produtiva.
Finalmente, os nacionalistas insistiron en que no centro das políticas agrarias deben estar as persoas que viven no medio rural, especialmente aquelas que traballan no sector agrario, para que poidan acceder a rendas dignas, recoñecemento social e servizos que lles permitan desenvolver o seu proxecto de vida.

























O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



