A campaña contra o absentismo e o plan acordado pola Xunta, os empresarios e a UGT non son a resposta a un problema que non crearon as persoas traballadoras: o colapso asistencial
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2026. A Consellería de Sanidade acaba de publicar as listaxes de espera do Sergas e os números falan por si mesmos: 55 348 persoas agardan por intervención cirúrxica (91 días de media), 137 600 por probas diagnósticas —as endoscopias, 156 días— e 230 614 por consulta externa (69,8 días). En catro anos, hai máis de 32 000 pacientes novos agardando por ver un especialista. Son datos demoledores que supoñen a proba definitiva de que a política sanitaria da Xunta fracasou.
Precisamente agora, co Sergas no seu peor momento histórico, a Xunta impulsa a campaña contra o ‘absentismo’ e o denominado «Plan do control ao coidado», destinando 26 dos seus 45 millóns de euros (58 %) a controlar e acurtar as baixas médicas. CCOO pregúntase como pode falar ese documento de «recuperación funcional» cando unha persoa con síntomas agarda cinco meses por unha endoscopia? Se as baixas se acurtan, non é porque haxa curación: é porque hai presión administrativa, propostas de alta das mutuas, medo ao despedimento e estigmatización pública de quen enferma.
O 66 % das baixas duran menos de 15 días e a duración media da IT non varía desde 2007. Non existe «abuso xeneralizado», como admite o propio informe. O plan constrúe un inimigo ficticio —o traballador enfermo— para desviar o debate do verdadeiro problema: a desatención. Máis control sobre a persoa traballadora e sobre as e os profesionais da sanidade pública; ningunha esixencia ás empresas —nin prevención, nin salarios, nin o cobro do case 40 % das horas extraordinarias sen pagar en Galicia—; e infrafinanciemento do sistema sanitario.
CCOO lamenta que o PP, a CEG e a UGT de Galicia asinaran un plan que penaliza a quen exerce o seu dereito constitucional á saúde, fixando como éxito a velocidade de resposta ás propostas de alta das mutuas e creando «dispositivos fronte a abusos» que non existen.
O sindicato entende que cos datos do Sergas enriba da mesa, e outros factores achegados por CCOO, é o momento de retirar o plan e abordar medidas reais para protexer a saúde das persoas traballadoras como punto fundamental para asegurar o benestar e a produtividade laboral.
CCOO esixe un plan de choque real contra as listas de agarda, con persoal e medios verificables; a retirada dos indicadores de presión sobre o persoal facultativo; e protección fronte ao despedimento por baixas. Quen enferma non é un sospeitoso, é un titular de dereitos. E a solución non é menos baixas, é máis sanidade pública.





















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.



