Nota de oprensa
O CONCELLO PROCEDERÁ DE INMEDIATO AO APUNTALAMENTO DA TORRE DOS MORENO DADO O PÉSIMO ESTADO NO QUE SE ATOPAN ALGUNHAS DAS COLUMNAS DO INMOBLE. ASÍ O VEN DE ANUNCIAR O ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ. A EMPRESA QUE ADQUIRIU NOS ÚLTIMOS DÍAS O 50% DA PROPIEDADE ESTÁ DISPOSTA A COLABORAR.
Ribadeo, 9 de febreiro de 2011. O Concello procederá de inmediato ao apuntalamento da Torre dos Moreno dado o pésimo estado no que se atopan algunhas das columnas do inmoble, segundo un novo informe presentado hoxe polo arquitecto, Ernesto Cruzado. O alcalde, Fernando Suárez, tamén anunciou esta tarde que a empresa que adquiriu nos últimos días o 50% da propiedade está disposta a colaborar para sufragar estes traballos.
O rexedor subliñou que “o que máis nos preocupa neste momento é a situación estructural deste inmoble” e lembrou que “xa hai un mes decretei unha serie de medidas urxentes de cara a apuntalar a Torre dos Moreno. Para iso fixemos os traballos preparatorios previos e acordamos verbalmente coa Xunta o subministro dos puntais, pero en vista de que o deterioro se está a ver agravado nos últimos tempos e de que no día de hoxe o arquitecto Ernesto Cruzado rexistrou no Concello un informe no que advirte do pésimo estado dalgunhas das columnas que sustentan unha parte da Torre, desde o Concello non podemos agardar máis a que a Xunta se decida a axudarnos ou non. Polo tanto imos de maneira inminente a encargar os puntais necesarios para proceder ao seu apuntalamento nas vindeiras horas. Digo isto con toda a crueza porque, insisto, non podemos agardar máis a que en calquera momento unha destas columnas poida estalar e poida haber unha desgracia que nos afecte a todos”.
Na defensa da estabilidade do edificio
Fernando Suárez tamén se referiu á compra-venda do 50% da Torre dos Moreno, que tivo lugar nos últimos días, “a empresa compradora rexistrou hoxe un escrito no Concello dándose a coñecer formalmente, aprezo boa fé e ogallá sexa así. Están dispostos a colaborar neste apuntalamento da Torre de xeito inmediato na parte que a cada un lle corresponde, o Concello aportará o 21% e a empresa está disposta a colaborar coa súa parte. Xulgo isto coma unha boa noticia e unha vez que isto de apuntale xa, poidamos con máis calma dialogar para que isto sexa o principio do final da rehabilitación da Torre dos Moreno”.
O alcalde de Ribadeo considera que “as cousas non ocorren por que sí, a propiedade que lle vendeu a esta empresa quizáis o fixo presionada porque desde o Concello decidimos hai un par de meses cambiar a relación que viñamos mantendo desde hai moitos anos tentando chegar a acordos que nunca se producían. E en vista de que a situación do edificio está collendo tintes moi perigosos e de que o Concello advertira de que ía ir a por todas, incluso contra o patrimonio destes propietarios, supoño que aproveitaron para desfacerse da súa parte da Torre vendéndolla a un terceiro”. Suárez Barcia engadiu que “nós como Concello non debemos entrar nesas compra-vendas, lamento que algún outro persoeiro político entre neste asunto, pero nós non imos facelo. Eu sempre quero defender o interés público e a estabilidade do edificio, defender que non se veña abaixo. Unha vez con iso estabilizado será o momento de mirar como entre todos podemos levar adiante a rehabilitación deste edificio tan importante para o patrimonio colectivo de todos os ribadenses”.


























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



