Nota de prensa
O GMPP: “hai irregularidades na contratación da pista de pádel que constan en dous informes municipais”.
O alcalde tramita a adxudicación das obras sen contar co informe vinculante de Costas.
Os populares aseguran que cando se inicia o expediente non había prórroga concedida pola Deputación para facer as obras en 2011.
O Grupo Municipal do Partido Popular de Burela (GMPP) afirmou hoxe que o proceso de contratación das obras da pista de pádel se está a levar a cabo con irregularidades que mesmo constan en dous informes dos servicios de intervención e de secretaría do concello burelés. Polo tanto, pedímoslle a Nieves Cando que sexa prudente coas súas manifestacións, porque parece que quen non se entera é ela.
O servicio de secretaría indica que “a parcela sobre a que se vai construir a meritada pista de padel atópase clasificada como solo rústico de protección de Costas… Segundo a Lei de Costas, os usos permitidos na zona de servidume de protección estarán suxeitos á autorización da Administración do Estado, podéndose establecer as condicións que se estimen necesarias para a protección do dominio público. Indicar que con data 4 de xaneiro de 2011 remitiuse á Consellería de Medio Ambiente toda a documentación necesaria para solicitar a meritada autorización, non existindo resposta por parte da Consellería no momento da emisión do presente informe, polo que sería conveniente agardar á indicada autorización antes de proceder á contratación das meritadas obras”. O informe dos servicios de secretaría tén data de 17 de xaneiro.
Pola súa banda, o informe dos servicios de intervención tamén é clarificador e tampouco deixa lugar a dúbidas. O informe di textualmente: “A presente obra está financiada pola Deputación Provincial de Lugo mediante convenio de colaboración co concello. O citado convenio foi aprobado con data de 30 de decembro de 2010 e aprobada a modificación orzamentaria 35/2010 de xeración de ingresos para incorporar o gasto ó orzamento xeral do ano 2010. Á data da proposta de contratación non está aprobada a liquidación do ano 2010 nin aprobada a modificación de créditos de incorporación de remanentes para gastos con financiación afectada. …o máis adecuado é esperar a facer esta aprobación, porque en caso contrario non existe crédito adecuado e suficiente no orzamento prorrogado (o concello de Burela está funcionando co presuposto prorrogado de 2010 desde o día 1 de xaneiro do presente ano) para aprobar o citado gasto. Ademais o convenio establece … que os gastos subvencionables son aqueles que … se realicen no ano 2010. Con data 28 de decembro de 2010 (¡o mesmo día de sinatura do convenio!)… se enviou unha solicitude de prórroga até o 31 de marzo de 2011…Non consta resolución aceptando a citada solicitude, polo que á data do presente informe debo concluir que non existe crédito adecuado e suficiente para asumir o citado gasto”. Máis adiante, faise constar que “polo anterior informa coas salvedades manifestadas anteriormente e que dan lugar a un reparo desta intervención”. A data do informe dos servicios de intervención tamén é de 17 de xaneiro de 2011.
Polo tanto, cabe concluir que o alcalde tramita a adxudicación dunhas obras para as que é preciso contar con autorización previa da Administración do Estado para a súa realización, autorización que desde Secretaría se entende que debe constar no concello antes de proceder a levar a cabo o proceso de adxudicación pero que non consta cando se inicia o procedemento. Se a autorizacion chegou despois da adxudicación ou durante a súa tramitación, eso non significa que o procedemento deixe de ser irregular. Segue sendo irregular por non ter contado coa autorización antes de iniciar o procedemento.
O mesmo cabe decir do informe de intervención. Non consta no concello a concesión de autorización para a prórroga cando se inicia o expediente. Tanto é así, que desde a Deputación envían un fax o día 19 de xaneiro advertindo de que se envía por correo electrónico a resolución de concesión da prórroga, unha mostra máis da chapuza que se está levando a cabo con esta obra. O certo é que o expediente iníciase, legalmente, sen os fondos precisos para poder levar a cabo a obra.
En definitiva, estamos ante un procedemento plagado de irregularidades e mesmo de ilegalidades, a pesares de todo o que diga o bigoberno burelés, que se empeña en falar da época do PP para tentar desviar a atención. Por certo, decirlles que as obras da urbanización de Torrentes foron adxudicadas en abril de 2007 por un goberno municipal do PP e tiñan un prazo de execución de un ano: estamos en 2011 e ainda están a medias, o que é un bon exemplo da axilidade do alcalde e do bigoberno burelés. Que non busquen disculpas onde non as hai, porque a paralización xudicial é de xullo do ano pasado, nada máis e nada menos que dous anos despois de que as obras tivesen que estar rematadas. Decir tamén que o goberno municipal do PP pediulle á Xunta bipartita unha prórroga sobre a obra de Eijo Garay, petición de prórroga que consta no expediente da obra e que o alcalde e a tenente de alcalde poden comprobar; pero a Xunta bipartita non lle concedeu tal prórroga ó concello, cando legalmente podía facelo, seguro que polas sempre oscuras e partidistas maniobras de Nieves Cando, sempre pendiente de perxudicar ó PP ainda que tamén perxudique ós veciños e veciñas de Burela.
Por último, o GMPP pediulle ó alcalde e á tenente de alcalde que digan claramente se os datos que aportou na nota de prensa anterior o GMPP sobre o procedemento de contratación das obras da pista de pádel son verdade ou mentira, coa única finalidade de que os veciños e veciñas deste concello estean debidamente informados e para que non haxa naide que tente enganalos ou mentirlles. Se desde o PP nos equivocamos, rectificaremos, pero se é verdade o que nós decimos, agardamos que o alcalde e a tenente de alcalde teñan a dignidade de recoñecer publicamente que temos razón, porque de non ser así teremos que decir que os que enganan ós cidadáns son eles.







Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



