O alcalde de Viveiro, Melchor Roel, ofreceu onte unha recepción oficial á selección comarcal infantil de fútbol sala, que logrou o subcampionato no Campionato Galego de Seleccións Comarcais, nunha fase final que se disputou no pavillón muncipal da cidade viveirense o pasado día 30 de xaneiro. Os xogadores, acompañados do seu adestrador, Christian Gómez Fustes, acudiron á nova casa consistorial de Viveiro, donde Roel os felicitou pola súa exitosa participación na competición. O rexidor da cidade do Landro entregoulles a cada un deles un pequeno recordo do seu paso pola selección comarcal infantil.
O concello de Viveiro recibiu a selección comarcal infantil de fútbol sala
O concello de Viveiro recibiu a selección comarcal infantil de fútbol sala
Relacionado
-
76 equipos de 11 países daranse cita en Ribadeo os días 25 e 26 de maio no XVIII Torneo Internacional de Fútbol de Veteranos
-
Diego Villares, xogador vilalbés do Dépor, foi recibido e parabenizado no seu concello
-
Seis equipos galegos e asturianos daranse cita en Ribadeo este sábado nunha exhibición organizada polo club de karate local