NOTA DE PRENSA
XXIIª TIRADA DE BOLOS – XIª SUB 18 – IIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2010/2011)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
Autoescuela Mundial Xove
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE MORÁS (26 FEBREIRO 2011 )42 INSCRITOS: 28 NA LIGA SENIOR, 6 NA LIGA SUB 18 E 8 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 189 | 12 |
| SEGUNDO | ARTURO VIGO CASABELLA | 185 | 10 |
| TERCEIRO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 163 | 8 |
| CUARTO | JOSE VIGO LAGE | 161 | 7 |
| QUINTO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 157 | 6 |
| SEXTO | FELIPE MANUEL RIVEIRO CARBALLO | 155 | 5 |
| SÉTIMO | MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 153 | 4 |
| OITAVO | JOSÉ BAÑO FERNÁNDEZ | 151 | 3 |
| NOVENO | JORDI MEITÍN SERANTES | 150 | 2 |
| DÉCIMO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 145 | 1 |
| MELLOR BOLADA | JOSE VIGO LAGE | 69 | 1 |
| LIGA SUB 18 | |||
| PRMEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 102 | 6 |
| SEGUNDO | AITOR BOUSO GAVIN | 78 | 4 |
| TERCEIRO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 57 | 3 |
| CUARTO | CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑA | 36 | 2 |
| QUINTO | LARA DOMÍNGUEZ BAÑO | 15 | 1 |
| MELLOR BOLADA | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 41 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 102 | 6 |
| SEGUNDO | DOLORES BAÑO FRAGA | 93 | 4 |
| TERCEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 90 | 3 |
| CUARTO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 67 | 2 |
| QUINTO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 65 | 1 |
| MELLOR BOLADA | CARMEN ROCA CORRAL | 46 | 1 |
INCIDENCIAS DA 17 TIRADA
(CENTRO SOCIAL DE A MORÁS- Sábado, 26 FEBREIRO 2011)
-Tarde soleada e moi agradable.
-42 inscritos, 28 na Liga Senior, 6 na Sub 18 e 8 na Liga Feminina.
Liga Senior.- Sorpresa nesta penúltima tirada da Liga, dado que Ginés Rodríguez, quen había recortado 16 puntos ao líder e estaba a só catro co liderato moi cerca da mán, realizou unha tirada desastrosa e non foi capaz siquer de puntuar, o que o descarta para renovar o título acadado a pasada temporada, xa que está a 14 puntos, polo tanto matematicamente sen posibilidades xa. Ginés terá que loitar pola segunda praza, o que ten moi difícil xa que José Rafael González está a 9 puntos, dahí que cremos que Ginés terá que pensar en consolidar a terceira posición que ocupa actualmente xa que ten a Luis Rancaño, quen tampouco puntuou, a só catro puntos.
A victoria de José Rafael González fai que se coloque en segunda posición a 5 puntos de Arturo Vigo, quen para gañar o seu undécimo título bastaralle con marcar corto a José Rafael. Polo tanto, nesta categoría absoluta emoción ata o final.
| LIGA SENIOR – CLASIFICACIÓN PROVISIONAL | ||
| ARTURO VIGO CASABELLA | 114 | 1º – TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL |
| JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 109 | 2º – TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL |
| GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 100 | 3º TROFEO AUTOESCUELA MUNDAIL |
| LUIS RANCAÑO BOUSO | 96 | |
| CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 67 | |
| MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 66 | |
| MELLOR BOLADA PROVISIONAL: -ARTURO VIGO (OBTIDA O 4 DE DECEMBRO DE 2010 NO C.S. DE SUMOAS)-LUIS RANCAÑO (OBTIDA O 19 DE FEBREIRO DE 2011 NO C.S. DE VILACHÁ) | 81 tantos | TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL |
Liga Sub 18.- Nesta Liga xa temos podium final, e por primeira vez nesta categoría, e recordamos que a XIª Temporada Sub 18, gaña unha rapaza. A victoria de Salomé permítelle conseguir 69 puntos, un score totalmente inalcanzable para Aitor, quen a pesar de que o intentou, non foi capaza de aguantar este rush final de Salomé. Recordamos que esta é a cuarta victoria de Salomé nesta segunda volta do campionato. Aitor quédase coa segunda posición no podium, xa que o terceiro clasificado, Daniel López está moi lonxe na clasificación. E para completar ese podium de honra nesta categoría Sub 18 temos ao propio Daniel, quen comezou a temporada moi forte, pero ao final non foi capaz de seguir o ritmo de Salomé e Aitor, realizando unha segunda volta bastante floxa; Daniel con esta, é a quinta semana consecutiva que non consigue puntuar.
| LIGA SUB 18 – CLASIFICACIÓN PROVISIONAL | ||
| SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 69 | 1º – TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL (CAMPIONA) |
| AITOR BOUSO GAVIN | 60 | 2º TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL (SUBCAMPION) |
| DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 40 | 3º TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL (TERCEIRO) |
| CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑA | 30 | |
| ISAIAS CARDOSO | 23 | |
| MELLOR BOLADA PROVISIONAL – SAMUEL REY (OBTIDA O 30 DE OUTUBRO DE 2010 NA BOLERA DO CAMPO DE FÚTBOL DE XOVE) | 62 tantos | TROFEO |
Liga Feminina.- Tamén nesta categoría temos xa unha campiona, e non é outra que a actual líder Dolores Baño, quen con 61 puntos, e 8 puntos de ventaxa sobre Belén Meitín, matematicamente xa non é posible alcanzala. Dolores Baño, que o pasado ano quedou segunda, vemos como mellora a súa posición e sustitúe a Carmen Roca como campiona da Liga Feminina. Segunda na clasificación temos a Belén Meitín con 53 puntos, un máis que Carmen Roca; a emoción da última xornada vai estar precisamente entre estas dúas xogadoras, xa que entre elas vaise decidir o segundo e terceiro postos do podium final.
| LIGA FEMININA – CLASIFICACIÓN PROVISIONAL | ||
| DOLORES BAÑO FRAGA | 61 | 1º – TROFEO – CAMPIONA MATEMATICAMENTE |
| BELÉN MEITÍN ROUCO | 53 | 2º – TROFEO |
| CARMEN ROCA CORRAL | 52 | 3º – TROFEO |
| SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 37 | |
| CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 32 | |
| MELLOR BOLADA PROVISIONAL – BELÉN MEITÍN (OBTIDA O 17 DE XANEIRO DE 2011 NO CLUB SOCIAL DE PALMEIRO) | 68 tantos | TROFEO |
Este próximo sábado 5 de marzo non hai tirada, dado que en Xove desenvólvense os actos centrais do Antroido 2011. Poloa tanto, a vindeira tirada, novena da Segunda Volta e última do campionato, vai ter lugar na BOLERA DO CENTRO SOCIAL DE SUMOAS, O VINDEIRO SÁBADO, 12 DE MARZO DE 2011.
Nota de prensa
























A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
Villares gabou o traballo realizado e subliñou que “a implicación do tecido social e dos veciños e veciñas é clave para transmitir as tradicións que forman parte da nosa identidade e reforzar os vínculos da comunidade”. Na xornada principal deste xoves destacou a ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos. O venres e o sábado celebraranse o Festival Folklórico Internacional e o Festival Folklórico Infantil respectivamente, organizados polo Grupo Mistura.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Este ano, como novidade, as crianzas participantes neste programa están a desfrutar de sesións de inglés dunha forma lúdica, dinámica e divertida, grazas á colaboración da English School de San Cibrao. A través de xogos, cancións, actividades participativas e moita creatividade, os nenos e nenas reforzan a aprendizaxe do inglés nun ambiente distendido, fomentando a comunicación, a curiosidade e a confianza para expresarse noutra lingua.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
