Participando (e IV)
‘Todas as enfermidades da democracia poden curarse con máis democracia’ (Alfred E. Smith, foi Gobernador de Nova York)
Despois dunha introducción ‘histórica’ e unha pequena análise ó Regulamento Orgánico de Participación Cidadá de Ribadeo aprobado no pleno de xaneiro de xeito inicial, queda o remate da serie: as disposicións ó final do texto e un comentario.
En canto ás disposicións finais, a que leva o nome de disposición adicional reflexa a subordinación do regulamento a diversas leis (se ben dun xeito sui generis: supón que só no non previsto, e non como subordinación total que é a realidade). Por orde de datas de promulgación, estas leis serían:
Lei 92/1960, do 22 de decembro, reguladora do dereito de petición
Lei 2/1980, do 18 de xaneiro, reguladora das distintas modalidades de referendo
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local
Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, do 28 de novembro de 1986
Lei 30/1992, de 26 de novembro do réximen xuridico das administracións públicas e procedemento administrativo común
Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia. Estas dúas derradeiras serían as que farían desfasada a versión anterior do regulamento aprobada de xeito inicial con anterioridade a elas, e nunca aplicada.
A disposición transitoria xa foi comentada con anterioridade. Textualmente di: ”No referente ao procedemento para a designación dos representantes veciñais, previsto no art. 20, estarase ó que, previa consulta coas entidades representativas do movemento veciñal e a xunta de voceiros, se dispoña por resolución da Alcaldía.” Queda con elo un dos puntos claves da representación, a propia elección de representantes, sen resolver.
Co anterior, e visto en conxunto, o regulamento parece fortemente escorado cara a unha representatividade mediada, en particular, por entidades relacionadas coas empresas, en detrimento da representación das persoas, e controlada dende unha posición dominante, polos partidos. Copio o artigo 23.1 da Constitución Española (que se pode consultar por exemplo en http://www.congreso.es/constitucion/ficheros/c78/cons_gall.pdf): “Artigo 23 .1. Os cidadáns teñen dereito a participar nos asuntos públicos, directamente ou por medio de representantes, libremente elixidos en eleccións periódicas por sufraxio universal. ” É dicir, a participación pode facerse por medio directo se así se desexa, ou pode delegarse. A delegación é o xeito usado, pero a participación directa está sendo menoscabada.
Fronte á proposta deste regulamento, no seu momento presentouse por parte da Mesa de Asociacións unha variación do mesmo, coa pretensión de botar a andar na participación en Ribadeo cun un mínimo que fixera que o déficit de democracia non fora alarmante. Estimouse que non era ideal, senón unha situación de compromiso tentando acadar uns mínimos. Mesmo se comentou que a proposta (que se pode consultar en http://publicadoenribadeo.wikispaces.com/Accións+diversas) non era moito menos farragosa que a aprobada inicialmente. Non obstante, e por propia consistencia, foi presentada de novo como alegación pola AVV O Tesón, a modo de enmenda á totalidade e tentando non apartarse do ‘menos malo’.
Chegados a este punto, enfrontámonos a varias posibilidades. Está a ‘solución dos 90’, pola que quedaría sen entrar en vigor e relegada a participación cidadá a unha solución ‘sine die’, por non ser votadas as alegacións. Estaría outra posibilidade, de aprobar o regulamento de xaneiro de 2011 aceptando algunha alegación, que sería máis ou menos boa ou mala segundo as reformas aprobadas. E por último, a que estimo ideal en forma, pero con diferenza a máis alonxada en probabilidades: a de recomezar a bo paso para construír un regulamento de participación aplicando xa un embrión desa participación. Algo que por certo, e como queda dito nunha entrega anterior, parecía que ía ser a opción elixida esta vez.
Antonio Gregorio Montes




















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



