Nota de prensa
V FEIRA DA ARTESANIA DO FERRO – RIOTORTO ‘11
O son dos ferreiros volverá a soar unha vez máis o vindeiro domingo de 10 abril, nunha celebración na que a promoción e exhaltación deste oficio será a base fundamental desta cita.
Catro ferreiros do municipio exhibirán o seu dominio do oficio, aínda que haberá tamén ferreiros de Baleira, Taramundi, Santiago e de Navarra. As demostracións en vivo deixarán paso aos obradoiros de olería e talla de madeira, así como ferrado de cabalos e espectáculos de animación ofrecidos por Rodesindo da Barrosa e Kote Malabar. A variedade está asegurada, pois a Riotorto acudirán tamén uns setenta expositores de diferentes especialidades e que realizan os seus traballos artesáns con materiais coma o coiro, xoieria, vidro, madeira, fimo,… (cerca de cuarenta se ubicarán no pavillón e os restantes adicados fundamentalmente á alimentación estarán emprazados ao longo das rúas contiguas ao recinto feiral.
A charanga e Vilalba ofrecerá sendos pasarúas pola mañá e pola tarde amenizando aos visitantes, en tanto que o grupo folk Os Minhotos actuará ás oito da tarde na praza do Concello.
V FEIRA DA ARTESANÍA DO FERRO
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
DOMINGO 10 DE ABRIL
11,00 h. APERTURA DA FEIRA
Artesanía dos ferreiros en Riotorto, Obradoiro de Ferro Infantil, Exposición do Tecido Socioeconómico do Concello de Riotorto, Artesáns, Obradoiros de Alfarería e Talla en madeira
11,15 h. Pasarrúas a cargo da CHARANGA de VILALBA
11,30 h. Obradoiro de Alfarería a cargo de Os de Laura (Buño)
Obradoiro de Talla de madeira a cargo de Clara Naseiro (Vilalba)
Demostración de Ferrado de Cabalos a cargo de Noel Cortón
12,00 h. Acto de inauguración Oficial da V Feira da Artesanía do Ferro
Actuación musical dos Gaiteiros de Riotorto e do Coro Parroquial
12,30 h. Demostración en Vivo da Artesanía do Ferro de Riotorto
13,00 h. Demostración en Vivo dos Ferreiros de Riotorto, Alberto Leis (Santiago de Compostela) e Alfredo Latorre (forxador de Navarra)
Animación de Rúa a cargo de Kote Malabar co espectáculo “Cirkote”
13,30 h. Obradoiro de Ferro Infantil, a cargo do Ferreiro austriaco Friedrich Bramteidl
14,00 h. Animación de Rúa a cargo de Rodesindo da Barrosa “O Afiador”
17,00 h. Pasarrúas a cargo da CHARANGA de VILALBA
Demostración en vivo da Artesanía do Ferro de Riotorto
Obradoiro de Ferro Infantil, a cargo do Ferreiro austriaco Friedrich Bramteidl
17,30 h. Animación de Rúa a cargo de Kote Malabar co espectáculo “Cirkote”
18,30 h. Animación de Rúa a cargo de Rodesindo da Barrosa “O Afiador”
20,00 h. Actuación musical do Grupo OS MINHOTOS
Degustación de productos expostos
Carpa con degustación de Polbo e Comida





















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



