Nota de prensa
O presidente do PPdeLugo respaldou as listas electorais de Viveiro e O Valadouro
Viveiro/O Valadouro, 30 de marzo de 2011.- José Manuel Barreiro respaldou hoxe en Viveiro e O Valadouro a presentación oficial das listas electorais coas que o Partido Popular concurrirá ás vindeiras eleccións locais capitaneadas respectivamente por Cesar Aja e José Manuel Lamela.
O presidente dos populares lucenses salientou que tras a designación do equipo agora o que toca é traballar con “tesón e entusiasmo” e trasladar á cidadanía “con claridade” que a opción que representa o Partido Popular é a única que garantiza “a estabilidade e o futuro”.
“Temos que manter o goberno de O Valadouro, no que hai que recoñecer o meritorio traballo desenvolvido por Eulogio Fernández”, “e recuperar o de Viveiro, no que xa constatamos o pouco que deron de si os socialistas”, explicou nos actos desenvolvidos nos respectivos municipios.
Barreiro recalcou que a rexeneración política do país “é posible e necesaria” e que “temos que empezar a facela dende os concellos, que é a administración máis próxima ó cidadán e, polo tanto, na que antes se pode constatar a melloría derivada dunha boa xestión”.
CANDIDATURA VIVEIRO
1. CÉSAR AJA MARIÑO
2. JAIME OLANO VELA
3. MARÍA DEL CARMEN GUEIMUNDE GONZÁLEZ
4. CANDIDA MÉNDEZ SALGADO
5. CELESTINO GARCÍA PAZ
6. ANTONIO BOUZA RODIL
7. MARÍA JESÚS VALE
8. RITA MIGUEZ DOMINGUEZ
9. BELINDA BERMÚDEZ OTERO
10. VALENTIN MERA SANCHEZ
11. HELENA EUGENIA DEL VALLE MOURENZA
12. VICENTE VÁZQUEZ CHAO
13. MARÍA LUISA SOTO VÁZQUEZ
14. MIGUEL GARCÍA FRAGA
15. MARTA CHAO MARTÍNEZ
16. NOÉ PICO CAMPOS
17. VERÓNICA MANTILLA RODRÍGUEZ
18. FELIPE LÓPEZ FERNÁNDEZ
19. EVA NOVO PORTILLA
20. SANTIAGO MARTÍNEZ ARCA
21. CONSUELO HUMANES VILLAR
CANDIDATURA O VALADOURO
1. JOSÉ MANUEL LAMELA PIÑEIRO
2. CESAREO SEARA BALMAYOR
3. EVA MARIA DAURA SANCHEZ
4. MARIA TERESA GALDO GARCÍA
5. JOSE SOUTO SOUTO
6. PRUDENCIA CUBA CUBA
7. LUIS CAMPO DIAZ
8. GINES CAO RIVERA
9. MARGARITA FERNANDEZ GONZALEZ
10. JOSE MARIA PALEO REJES
11. MARIA MAR YAÑEZ HERMIDA
12. MARIA ALICIA PAZ RATOEIRA
13. PEDRO ROLLE ALONSO
14. ANTONIO LORENZO PALMEIRO



















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



