CERVO .- As obras que a Deputación provincial está a levar a cabo na estrada que une as parroquias cervenses de Rúa e San Román continúan xerando incomodidades e acumulando protestas dos veciños e usuarios da vía. Delas fanse eco desde o Goberno municipal que, a través da súa edil Yolanda Pedreira, denuncian a perigosidade que implica a presenza de varios postes do tendido eléctrico que, situados no medio da estrada, poden dar lugar a colisións cos vehículos que por alí circulan.
Segundo a edil ” Deputación provincial xa ten constancia deste risco e doutras deficiencias presentes en varios treitos desta estrada. Así se lles fixo saber con ocasión das múltiples comunicacións que desde o Concello de Cervo están a remitir para que procedan á súa inmediata corrección. Desgrazadamente e, ata o momento, o organismo provincial está a facer caso omiso destas advertencias e non se descarta que, de persistir as deficiencias denunciadas, poidan dar lugar a accidentes de consecuencias imprevisibles que despois todos lamentaríamos”.
ALTO PERIGO: RISCO ELÉCTRICOO
Yolanda Pedreira lembrou que estamos a falar de cuestións de extremada perigosidade pois a colisión de calquera vehículo contra un poste do tendido eléctrico supón un risco salientable que debera implicar unha actuación urxente por parte daqueles que realizaron a obra, isto é por parte da Deputación provincial. De feito, os propios postes dispoñen dunha pequena sinal que pon de relevo o seu “alto perigo”. Nada parece ser suficiente para o organismo provincial que se limitou a poñer unha cintas e a unha pintura que nin tan sequera son reflectantes.
Desde o Concello de Cervo insisten na urxencia de que o organismo provincial acometa a retirada destes postes eléctricos que, tras a ampliación do ancho da estrada, aparecen situados no medio da vía. Ao mesmo tempo rexeitan calquera tipo de argumento que desde a Deputación provincial poidan empregar para xustificar a persistencia da situación actual. “Non nos importa que eses postes sigan alí porque a Deputación non acaba de poñerse de acordo coa empresa subministradora ou porque aínda non efectuaron os pagos para autorizar a retirada dos mesmos, o que queremos e que desaparezan do medio dos carrís de circulación o antes posible” – explicou Pedreira.
CONTINÚAN AS OBRAS DE REBACHEO PROVISIONAL
Como xa adiantamos esta non é a única deficiencia que se está a contemplar como consecuencia das obras que se desenvolven nesta estrada. Despois de que a Deputación provincial incumprira o seu compromiso de amañar as fochancas que fan practicamente intransitable varios treitos da vía, operarios do Goberno municipal continuaban no día de hoxe desenvolvendo os traballos iniciados o pasado venres. Con eles o Concello de Cervo pretenden compensar a falta de actividade do organismo provincial e corrixir, malia que sexa de xeito provisional, gran parte destes inconvenientes. Unha vez rematados remitirán a factura co custe desta actuación á Deputación da que esperan asuma a súa responsabilidade no mal estado desta estrada e con elo o custo da reparación provisional.
EMPRAZAMENTO A BESTEIRO
Finalmente o equipo de Goberno empraza ao Presidente da Deputación, López Besteiro a “abandonar a súa estratexia de desidia e tomar cartas no asunto” de tal xeito que sexa posible amañar con urxencia cada unha destas deficiencias. Insisten en que deben facerse antes de que “teñamos que lamentar graves consecuencias como accidentes e outro tipo de danos nas persoas ou nos vehículos”. Nesa mesma liña amosan a súa sorpresa porque pese a que varios dos concelleiros da oposición teñen varias responsabilidades dentro do organismo provincial, “non están a ser capaces de interceder polos seus veciños e reclamar xunto con nos o amaño destas deficiencias”.





















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



