Nota de prensa
ERNANDO SUÁREZ SUBLIÑOU QUE O ACORDO ASINADO NO SEU DÍA ENTRE A XUNTA E O BISPADO CONTEMPLA A CESIÓN DA ANTIGA RECTORAL DE OVE E DA PARCELA NA QUE SE ATOPA UBICADA. O REXEDOR ACUSA AO GOBERNO GALEGO DE QUERER INTOXICAR Á OPINIÓN PÚBLICA REINTERPRETANDO DITO ACORDO.
Ribadeo, 15 de abril de 2011. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, subliña que o acordo asinado no seu día entre a Xunta e o Bispado contempla a cesión da antiga rectoral de Ove e da parcela na que se atopa ubicada. E acusa ao goberno galego de querer intoxicar á opinión pública reinterpretando dito acordo.
O rexedor dixo que “pasaron dous anos desde que se asinou un convenio entre a daquela Vicepresidencia da Xunta e o Bispado de Mondoñedo-Ferrol e o goberno galego a parte de non facer absolutamente nada nestes dous anos máis do que xa quedou feito, o único que se limita é a facer certas insinuacións ou dar malas interpretacións dese convenio que poida levar a equívocos dalgunha xente”.
Fernando Suárez asegurou que “con esto non quero para nada cuestionar a actividade loable que está a facer a plataforma que quere unha residencia da terceira idade en Ribadeo, algo que eu apoiei públicamente e así seguirei, aínda que leo con certo disgusto nalgún medio de comunicación algunha opinión que, pola información que o propio PP lles deu dalgún xeito, non entende moi ben o que no seu momento se asinou entre a Xunta e o Bispado”.
O alcalde subliñou que “o que se asinou está no convenio, que eu mandei aos medios para que se vexa con claridade e con nitidez, é a cesión dun edificio dentro dunha parcela cuns lindes concretos, para facer primeiramente un centro de día para enfermos de alzheimer. Para iso a Xunta anterior encargou a redacción dun proxecto, que se fixo, desde o Concello se axilizaron e se tramitaron os permisos, sobre todo aqueles máis complicados como os de Cultura, Patrimonio e Urbanismo. Éstes están totalmente autorizados e a Xunta só ten que licitar as obras para convertir, reformar e ampliar a actual rectoral de Ove, que está en ruinas, e crear un centro de día para enfermos de alzheimer. Dito centro, segundo o proxecto, tería unha capacidade para 30 prazas. Hai que ter en conta que, segundo os servizos técnicos municipais, temos máis de 100 persoas só en Ribadeo afectadas por esta doenza”.
Suárez Barcia engadiu que “unha vez que o PXOM se aprobe definitivamente non ten que recalificar ningún terreo, simplemente que nese núcleo de Ove, que sempre foi núcleo rural e seguirá a selo sen recalificación algunha, nesa parcela, nesa cortiña anexa que tamén foi cedida, segundo reza no convenio, é onde a Xunta ten a posibilidade de construir unha residencia anexa. A Xunta pode facelo aí ou onde mellor vexa. A nós humildemente parécenos a mellor das ubicacións pola cercanía a Ribadeo, por ser un sitio tranquilo e difícilmente conseguible noutro punto, pero iso sempre queda aberto”.
Ao alcalde o que lle doe é que “dalgunha maneira o goberno da Xunta leve 2 anos se mover un só dedo para que o centro de día de alzheimer sexa unha realidade e agora en vísperas electorais quere intoxicar á opinión pública reinterpretando o acordo inicial, botando balóns fora e botándolle a culpa aos demáis”.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



