NOTA DE PRENSA
O noso xeito de traballar por Ribadeo
O Partido Popular de Ribadeo presentará ás veciñas e veciños do noso concello, o vindeiro mércores 20 de abril, as propostas que incluirá o noso PROGRAMA ELECTORAL no apartado de SERVIZOS SOCIAIS e dentro dese documento REALISTA e para desenvolver nos vindeiros CATRO ANOS.
Sin dúbida que o noso proxecto estrela neste apartado será o de dotar a Ribadeo dunha RESIDENCIA DE MAIORES, que incluirá ademáis un CENTRO DE DÍA e un SERVIZO ESPECÍFICO DE ATENCIÓN A ENFERMOS DE ALZHEIMER E OUTRAS PERSOAS DEPENDENTES.
Esta proposta foi un dos temas que lle presentamos a responsables da Consellería de Traballo e Benestar nunha reunión mantida en Santiago o pasado martes 5 de abril; fixémoslles ver a necesidade real que ten Ribadeo e amosaron os seu respaldo as propostas que articularán o que pretendemos que sexa a nosa política social no período 2011-2015.
Queremos que sirva, cara as veciñas/os, como aval das nosas propostas electorais a experiencia de 8 anos de goberno nos que conseguimos dotar a Ribadeo dun CENTRO DE DÍA, un PISO TUTELADO PARA MAIORES e PROGRAMAS DE AXUDA A DOMICILIO.
Desde o Partido Popular de Ribadeo loitaremos polo mantenemento de todos os servizos sociais, buscando unha mellor xestión e eficacia; os maiores, a dependencia, muller, xuventude e infancia serán os eixos fundamentais e prioritarios da nosa política social.


















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



