VIVEIRO .- O complexo RegalXunqueira inclúe na programación de este ano múltiples actos e actividades que comezan este mes con unha exposicións de 12 pezas de gran tamaño de Otero Regal e unha mostra de 20 gravados de Goya. O longo do ano celebrarase unha homenaxe ao poeta Carlos Oroza, e no Centro didáctico haberá unha exposición temática denominada Guernica: unha educación para a paz.
Nota de Prensa
REGALXUNQUEIRA
Curva de Xunqueira-Viveiro.
Camiño Real, 127 – Xunqueira
27850 Viveiro (Lugo)
Tlf. 982 56 25 89 – Fax 982 56 04 06
www.oteroregal.com
ACTIVIDADES PREVISTAS PARA 2009
A primeiros de Xaneiro inauguraranse dúas exposicións
NO SOUTO DA ESCULTURA 12 pezas de gran tamaño feitas en cerámica de alta temperatura con o titulo de ARTERIAS de OTERO REGAL
Na sala de exposicións temporal Unha mostra de gravados de Goya.
Tratase de 20 gravados editados por Antonio de Horna, que recollen o mellor da obra do pintor aragonés dende a súa primeira producción ata a súa morte en Burdeos.
Paralelo a exposición proxectaranse dous documentais encol de Goya e programarase unha charla coloquio encol da invasión francesa en Viveiro.
Estas dúas exposicións serán tamén ofertadas para ser visitadas por escolares de forma gratuíta e con visita guiada.
A primeiros de Abril inauguraremos unha exposición homenaxe a o porta nacido en Viveiro CARLOS OROZA, con obras de varios artistas de Galicia, e a súa xa mítica carpeta ALENCAR, trataremos de que Carlos volte a Viveiro a recibir esta homenaxe merecida pola súa obra.
Viveiro sempre estivo falto de memoria e aprecio a os seus mellores artistas e literatos, poñemos por exemplo a Pastor Díaz, que xa despois de ser ministro presentouse a deputado por Viveiro e non no votou a xente da vila. Incluso despois de morto foron emigrantes que levantaron o monumento da praza maior, Maruja Mallo que naceu en Viveiro a primeiros do século XX, non se lle recordou nunca a nivel oficial, a única placa que a recorda foi iniciativa dun grupiño de veciños, negouse o concello a comprar obra da pintora e nin sequera o fixeron da súa carpeta de gravados que ofertou Vázquez Cereijo.
Carlos Oroza , o único bohemio, según Humbral e un gran poeta que recibiu premios , como o da fundación laxeiro, homenaxes, e incluso nomes de centros docentes fora de aquí, Viveiro, unha vez mais e en nome deles os que nos gobernan NON SABEN, NON CONTESTAN.
Na mesma data no SOTO DA ESCULTURA farase unha exposición colectiva en homenaxe a CARLOS OROZA e á súa musicalidade.
No mes de Xuño estase a preparar unha exposición de artistas da bisbarra que mostraran obra plástica inspirada en un poema de Noriega Varela que eles escollan dentro da obra do mindoniense.
No Souto da Escultura expoñerase obra do escultor Souto
E xa en Outono
Poñerase en funcionamento definitivo o CENTRO DIDACTICO cunha magna exposición temática co nome de GUERNICA: UNHA EDUCACION PARA A PAZ
Que inclúe unidades didácticas, e actividades perante horas de visita para escolares de toda Galicia.
Ademais estase a elaborar a creación dun ciclo de cine mediante a constitución dun cineforun. Prevese a presentación de sendos libros de PACO RIBAS e JAIME OROZA ilustrados os dous por Otero Regal.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



