Nota de prensa
A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA E DANZA DE RIBADEO CELEBRA MAÑÁ O SEU FESTIVAL DE FIN DE CURSO.
Ribadeo, 17 de xuño de 2011. A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este sábado, 18 de xuño, ás 18.00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval o seu tradicional festival de fin de curso. Esta actividade ten carácter de “peche simbólico” do curso académico 2010/11 aínda que a actividade da EMMeD de Ribadeo continúa durante as vindeiras semanas. Diferentes formacións do centro actuarán este luns nun concerto didáctico e as agrupacións de danza e ballet desprazaranse ao longo da vindeira semana ao concello asturiano de Pola de Siero para unha actuación.
O festival deste ano está centrado no mundo do circo e arredor del xirará todo o espectáculo musical que están preparando as diferentes agrupacións que pasarán por riba do escenario do Auditorio Municipal Hernán Naval. “Ven sendo habitual todos os anos que haxa sorpresas, moita diversión pero sobre todo música, boa música”, segundo salientou Hugo García Presno, director da EMMeD de Ribadeo.
O responsable da EMMeD aproveitou a ocasión para agradecer a adicación e máis o esforzo “tanto das alumnas e alumnos do centro coma do profesorado durante todo o ano sen o cal non sería posíbel chegar a onde estamos”. Un satisfeito Hugo García engadiu que “a EMMeD de Ribadeo, tomando como base o modelo de escola de música que concebira no seu momento Hernán Naval, mantense coma un centro de referencia en todo o país, con ducias de actividades estábles ao longo do ano, cunha matrícula que aumenta ano a ano, con profesionais especialistas en cada unha das materias e ampliando a oferta educativa con novas materias en cada curso”.
O programa que van interpretar as alumnas e alumnos da EMMeD de Ribadeo así como as formacións participantes no concerto son as seguintes:
· Mix de Richard Clayderman……………….Arr.: Martín Bucki
· O golpe de Mondariz / Polca de Matos….……….Tradicional
· Fofó era una payaso……………….………Andrés Meseguer
· The entry of gladiators……………………….……Julius Fucik
· Gentry´s triunphal march………………………….Fred Jewell
· Danza china…………………………….…….P. I. Tchaikovski
· La gallina turuleca……….…………………………Arr.: Prisco
· En el auto de papá………………………Arr.: David Ballester
· Cómo me pica la nariz…………………..…Arr.: Hugo García
· The sabre dance..………………………..Aram Khachaturian
· Había una vez… ………………………………………….Miliki






















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



