- O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou este domingo xunto á Alcaldesa de Guitiriz e Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, na VII Festa da Torta de Millo que se celebra durante todo o día de hoxe na praza guitiricense do Campo da Feira
As actuacións musicais de Fillas de Casandra, Mondra ou Xurxo Fernandes amenizarán esta cita gastronómica, que conta cunha achega que supera os 40.000€ da institución provincial a través do Plan Deputación 2024. Ademais da tradicional degustación e venda do doce elaborado polos establecementos locais: Panadería David, Pastelería Gómez e Panadería La Esquina; a cita inclúe tamén obradoiros, exposicións, xogos populares e postos de polbo á feira.
- A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este domingo á Festa dosXogos Tradicionais organizada por Xotramu en Muimenta, unha xornada monográfica dedicada á posta en valor do patrimonico lúdico de Galiza
O campo da Igrexa Vella converteuse en escenario de xogo para público de todas as idades, con multitude de propostas, desde a billarda ou as carreiras de sacos, ata as canaletas, os zancos ou a a comba. Tamén se realizaron demostracións e obradoiros de construción de enredos e xoguetes tradicionais. Iria Castro felicitou a Xotramu pola celebración desta xornada e polo traballo de recuperación e estudo do patrimonio lúdico que realizan.
- A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse esta semana en Lugo con responsables da Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega, Acruga, encabezados polo seu presidente, César Dorado
Na xuntanza, na que participou ademais o delegado territorial da Xunta na provincia, Javier Arias, os representantes de Acruga presentaron a entidade á conselleira e avanzouse tamén nas diferentes liñas de colaboración a prol da raza Rubia Galega, en ámbitos como a calidade, a xenética, a produción ou a comercialización.
- O deputado de Mocidade, Daniel García, participou na entrega de premios da Milla Popular Lourenzá Fin de Etapa Camiño Norte e do Campionato Galego de Milla e de 1 km en ruta que se celebraron este sábado en Lourenzá, da man da ED Lourenzá e da Federación Galega de Atletismo
Preto de 200 atletas participaron nas distintas probas, populares e competitivas,nas diferentes categorías. David de la Fuente (SG Pontevedra), Adrián Lago (SG Pontevedra) e Álex Sierpes (Sociedade Atlética do Tegra) e Eva Piñel (At. Celta), Pilar Rojo (Riazor Coruña) e Ainara Rodriguez (SG Pontevedra) completaron os podios do Campionato Galego Absoluto de Milla. Marcos Rodríguez (Mondoñedo) e Belén Bascoy (A Guarda) fixeron os mellores tempos na milla popular masculina e feminina.
- O pasado venres, 24 de maio, celebrouse un Obradoiro de Educación emocional e técnicas de relaxación no Concello de Alfoz
A actividade, realizada en colaboración coa Escola Galega de Saúde, contou con moita participación e as persoas asistentes amosaron o seu interese en que volva a realizarse. Durante a sesión aprendéronse estratexias que poden resultar de utilidade para ter un adecuado manexo do estrés e a ansiedade, o que facilitará lograr a adaptacón óptima a momentos de cambio e/ou dificultade, ademais de poñer en práctica diferentes técnicas de relaxación.
- En marcha os talleres onde se está a preparar o material necesario para a confección das alfombras florais do Corpus Christi de Viveiro 2024, que promove a Irmandade de mulleres da Santa Cruz da Semana Santa de Viveiro
Neles está a prepararse "La Tuya", tiñendo o sal, e recollendo flores. Necesítase para elo axuda e colaboración, sobre todo de xente nova.
- O Club de Remo Celeiro participou o pasado sábado, 25 de maio, en Muros na Liga Galega de Veteranos
3.500 m remou a tripulacion mariñá nunha regata a 4 longos con 3 ciabogas. Esta vez, o Clube de Celeiro, único da provincia de Lugo, acadou a 2° posición en categoría mixta. A vindeira fin de semana celebraranse 2 novas regatas pertencentes a esta liga, o sábado en Vila de Cangas e o domingo en Esteiro.