Nota de prensa:
A BIBLIOTECA PROVINCIAL ENTREGA MAÑÁ OS PREMIOS AOS ESCOLARES GAÑADORES DO CERTAME DE DEBUXO E REDACCIÓN LETRAS GALEGAS
Un total de 40 nenos e nenas recollerán os premios e accésits outorgados polo xurado, que presidiu o xefe territorial de Cultura e Turismo, José Carlos Rodríguez Andina
Lugo, 28 de xuño de 2011.- A Biblioteca Provincial de Lugo fará entrega mañá, mércores, dos premios do Certame de Debuxo e Narración Letras Galegas, no que participan traballos seleccionados nas respectivas fases locais convocadas por 22 bibliotecas públicas municipais da provincia e a propia Biblioteca Provincial.
O acto de entrega de premios dará comezo ás seis da tarde, e estará presidido polo xefe territorial de Cultura e Turismo, José Carlos Rodríguez Andina, que tamén encabezou o xurado. Actuaron como vogais Marisol González Regal, directora da Biblioteca; Carmen Areán Vázquez, inspectora de educación, e o pintor Manuel Gulín Rodríguez, sendo secretario Xulio Giz Ramil.
Recollerán os seus premios e accésits un total de 40 nenos e nenas da provincia, divididos en tres categorías por tramos de idade. A primeira, categoría A, engloba aos participantes de ata 8 anos; a categoría B, a escolares de 9 a 11 anos, e a categoría C, a estudantes de 12 a 16 anos.
A relación de gañadores na modalidade de debuxo é a seguinte:
Categoría A:
Sara Álvarez Civeira. 5 anos. Biblioteca Provincial
Ivan Sobreira Solar. 6 anos. Biblioteca de Antas de Ulla.
Marta Muíña Bermúdez. 7 anos. Biblioteca de Mondoñedo
Accésits:
Claudia Pérez Portomeñe. 6 anos. Biblioteca Provincial.
Alexandre A. Santiago López.7 anos. Biblioteca de Foz
Pablo Fernández López, 7 anos. Biblioteca de Chantada
Categoría B
Mónica Díaz Fraga. 9 anos. Biblioteca Provincial.
Irene Rico Gómez. 11 anos. Biblioteca de Burela
Claudia Ares Vila. 9 anos. Biblioteca de Monforte
Accésits:
Paula Barreiro Rodríguez. 9 anos. Biblioteca Provincial
Eduardo Martín de Burgos. 11 anos. Biblioteca de Barreiros
Paula López Viana. 11 anos. Biblioteca de O Saviñao
Categoría C
Wilmer Marte. 13 anos. Biblioteca Provincial
Vanessa Alvarez. 15 anos. Biblioteca de Mondforte
Ainhoa Mateos. 16 anos. Biblioteca de Monforte
Accésits:
Adrián Varela Villamor. 13 anos. Biblioteca Provincial
Juan Luis Gómez Iglesias. 12 anos. Biblioteca de Ribadeo
Silvia García Anello. 12 anos. Biblioteca de Alfoz.
Pola súa banda, os premiados na modalidade de narración foron os seguintes:
Categoría A
Jorge Estraviz Cerdeira. 7 anos. Biblioteca Provincial.
Antía Lillo Irimia. 7 anos. Biblioteca de Lourenzá.
Yago Montero Gradaílle. 8 anos. Biblioteca de Burela.
Accésits:
Hugo García Mariño. 7 anos. Biblioteca de Antas de Ulla
Pablo Rubal Losada. 8 anos. Biblioteca de Burela
Mohamé El Brahmi. 6 anos. Biblioteca de Foz.
Yolanda García Pena. 8 anos. Biblioteca de Viveiro.
Categoría B
Alfonso González Guinarte. 11 anos. Biblioteca Provincial
Inés González Fernández. 11 anos. Biblioteca de Ribadeo
Sara Navarro Doval. 11 anos. Biblioteca de Sober
Accésits:
Iván García Álvarez. 10 anos. Biblioteca de Lourenzá.
Pilar Romero González. 10 anos. Biblioteca de Burela
Ánxela Jorge Vidal. 11 anos. Biblioteca de Sober
Javier Álvarez Méndez. 9 anos. Biblioteca de Lourenzá.
Claudia Ares Vila. 9 anos. Biblioteca de Monforte.
Categoría C
Codés Lillo Irimia. 13 anos. Biblioteca de Lourenzá.
Andrea Buján Valín. 16 anos. Biblioteca Provincial.
Carmen Rodríguez Rodríguez. 14 anos. Biblioteca de Ribadeo.
Accésits:
Daniel Fernández Fernández . 15 anos. Biblioteca de Ribadeo.
Saúl González Eiros. 15 anos. Biblioteca de Ribadeo
Fátima Reino Reigosa. 14 anos. Biblioteca de Lourenzá.
Álvaro Fernández Álvarez. 16 anos. Biblioteca de A Fonsagrada.
Os premios están dotados con cadansúa estatuíña de Sargadelos, diploma e lote de publicacións. Os accésits, que se conceden diante da cantidade e calidade dos traballos presentados, con diploma e lote de publicacións.




















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



