Nota de prensa:
FOZ ACOLLERÁ DURANTE O VERÁN VARIOS ACTOS PROMOCIONAIS DA I FESTA NORMANDA DE RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA, SEGUNDO ANUNCIABA ESTA TARDE O PRESIDENTE DA ACIA, JOSÉ CARLOS PALEO.
Foz, 1 de xullo de 2011. Foz acollerá durante o verán varios actos promocionais da I Festa Normanda de Recuperación da Memoria Histórica, segundo anunciaba esta tarde o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos, José Carlos Paleo. Ademáis vánse editar 2.000 monedas daquela época e o recadado servirá como donativo para a organización deste evento.
A I Festa Normanda de Recuperación da Memoria Histórica celebraráse os días 26 e 27 de agosto en Foz para rememorar as últimas invasións vikingas ao Reino de Galicia a principios do século XII, cando unha flota normanda de 300 navíos tentou invadir Foz ao chegar pola súa ría. Paleo asegurou que “o obxectivo desta festa é recuperar e dar a coñecer a historia do noso pobo, darlle tamén un impulso comercial a Foz nesas datas e aproveitar para despedir o verán”.
Os actos darán comezo o 26 de agosto co pregón que pronunciará a partires das 20 horas no Bispo Santo o cronista oficial de Foz, Suso Fernández, e despois haberá unha escenificación teatral. Xa para o 27 de agosto están previstas varias actividades no Porto Chico a partires das 12:30 da mañá, ás 13 horas desembarco en Porto Chico, de 16:30 a 18:30 será tempo para disfrutar de xogos tradicionais para os novos na explanada do peirao, a partires das 19 horas na praza do Conde Fontao será a concentración normanda e a continuación, ás 20 horas, procederase a nomear ao vikingo maior, “que recaerá en José Luis Muñoz, un turista madrileño que leva 50 anos veraneando en Foz e remataremos a xornada co desembarco na hostalería”, seguiu a relatar José Carlos Paleo. Ese día o barco de Os Larpeiros estará estará na zona do paseo da Rapadoira para que a xente poida visitalo.
O presidente de ACIA Foz adiantou que “durante todo o verán haberá en Foz varios actos promocionais desta I Festa Normanda. Xa o 22 de xullo ás 20:30 horas no CENIMA terá lugar unha conferencia sobre os desembarcos vikingos nesta zona a cargo dun historiador e teremos máis actividades paralelas durante estes dous meses”.
A I Festa Normanda de Recuperación da Memoria Histórica está organizada por ACIA Foz, a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Foz. Tamén participan na preparación desta cita os seguintes grupos: As sin xeito, Pernas do Centiño, Os Larpeiros, As Farangullas, Peña Ñass, Bonaerensis, Gandallada, A Trancas e Barrancas, Charanga de Pipo Os Lambóns, Pé do Molete, Trouleiras, Fáltache pé ou sóbrache chancla, Charanga Vilaronte Ruxe-Ruxe, K quéss!, O Feitizo, A Subela, Batán, O Castro de Vilaronte, A Adala, Escola de Música Municipal, Xesús do Breogán, Club Náutico de Foz e Club Kayak. En total son máis de 500 integrantes os que xa se sumaron a esta cita. A organización invita a participar nesta festa normanda a todos os grupos e particulares que o desexen. A I Festa Normanda de Recuperación da Memoria Histórica estará tamén presente en breve nas redes sociais.
José Carlos Paleo subliñou que “será unha festa na que todos os grupos irán con vestimenta ambientada nesa época e animamos a todo o mundo, a nenos e a maiores, a que fagan o mesmo porque queremos darlle moito colorido a Foz e que todo teña sabor medieval. Hai xa locais en Foz, como Librería Bahía e OfiFoz, nos que se pode adquirir a roupa para participar nesta festa normanda”.
O presidente da Asociación de Comerciantes recalcou “o impulso que pretendemos darlle ao comercio e á hostelería con esta esta festa, pero tamén queremos que a xente a disfrute e nada mellor para facelo que ambientarse con traxes de época e ademáis pretendemos que sexa a festa de despedida do verán para os veciños de Foz, para os que nos visitan e para os que pasan as súas vacacións noutros puntos da comarca da Mariña”.
O Cenima acolleu esta tarde a presentación da I Festa Normanda, un acto ao que asistiron o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, a concelleira de Cultura, Merche González, o cronista oficial, Suso Fernández, José Carlos Paleo, o presidente de ACIA Foz e representantes das asociacións participantes.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



