Nota de prensa:
CELEBRACIÓN DE FIN DE CURSO CON FESTA INTERCULTURAL EN BURELA
No acto foi presentado o audiovisual “Saúde e Sensibilidade”, centrado na importancia da comunicación na atención sanitaria
A área de Innovación Educativa do IES Perdouro presentou o balance de actividades celebradas durante o curso académico 2010-11, todas elas incluídas dentro do programa premiado pola Xunta de Galicia en novembro de 2010 co obxectivo de fomentar a innovación educativa no ensino das linguas. O profesorado involucrado neste proxecto -algo máis de 40 docentes dos institutos bureleses Monte Castelo e Perdouro; do Marqués de Sargadelos, de San Cibrao; de Breamo, en Pontedeume; e Fin do Camiño, de Fisterra- reuníronse na biblioteca do IES Perdouro para avaliaren o grao de cumprimento do programa e visionaren diversas proxeccións audiovisuais de produción propia. Xa nun ton máis lúdico, entregáronse diversos obsequios a persoas destacadas pola calidade da súa expresión escrita; como punto final, docentes e galardoados disfrutaron coa música da Banda Dambara e asistiron en directo á presentación das primeiras pezas do novo disco de Batuko Tabanka.
Despois de que o director do centro, Juan Sama Díez, dese a benvida a participantes na experiencia educativa e á representación de empresas e asociacións da localidade, María José Andión -coordinadora do Proxecto de Innovación- presentou o balance das actividades realizadas durante o curso académico 2010-2011 e destacou o traballo de dinamización lingüística entre o cadro de persoal das entidades sanitarias, xunto con outras iniciativas de grande alcance como a presenza do escritor e académico Xosé Neira Vilas nos centros de ensino secundario de Burela e no colexio de Cervo; os concertos dos músicos Mini e Mero; ou os obradoiros de comunicación ministrados polo sociolingüista hindú Anik Nandi.
O programa de actividades tiña como parte central a visualización dun novo documental producido polo IES Perdouro e dirixido por Matías Nicieza. Depois da proxección de “Saúde e Sensibilidade”, coa presenza de todos os seus protagonistas -persoas que traballan na Sanidade-, procedeuse á entrega de diversos obsequios a diversas persoas da localidade que prestaron axuda desinteresada para o desenvolvemento do proxecto: do Hospital da Costa recibiron o recoñecemento Cándida Pico (Recursos Humanos), Adelina Fernández (Administración), Pedro López Beade (Xefe de cociña), María do Carme Martínez Lamas (Enfermaría) e Iago Villamil (Medicina); do Centro de Saúde, o doutor Carlos Fraga e a enfermeira Victoria García Leiras. Fóra do ámbito sanitario, as distincións recaeron en Xosé Manuel Miranda (deseñador), Albano González Cancio (músico) e a Banda Dambara (polo seu décimo aniversario), o grupo Batuko Tabanka, Matías Nicieza (director de cine), Sofía Prieto (barista), Benjamín Gonzá
lez Quelle (cronista oficial); e Ramón Marful (párroco de Burela ) e Zahara Peinó, pola voda “Modelo Burela”.
O broche final púxoo a música da Banda Dambara, que acaba de celebrar o seu décimo aniversario, sempre baixo a dirección de Albano González Cancio, e a de Batuko Tabanka. As mulleres caboverdianas presentaron en primicia o seu novo traballo discográfico.
“SAÚDE E SENSIBILIDADE”: NOVO AUDIOVISUAL DO IES PERDOURO
“Saúde e Sensibilidade”, un novo audivisual producido polo IES PErdouro, está dirixido e realizado por Matías Nicieza, que de novo colaborou estreitamente no desenvolvemento do Proxecto de Innovación Educativa durante o curso académico 2010-11.
O documental presenta o panorama da comunicación entre o colectivo de profesionais da Sanidade na localidade de Burela, tanto dos que traballan no Hospital da Costa como dos que o fan no Centro de Saúde. Elaborado desde unha perspectiva integradora, a cámara e o micrófono recolleron unicamente os casos “en positivo” e tribútanlle así homenaxe a aqueles profesionais que destacan precisamente pola súa naturalidade, sendo sensibles co sistema cultural das persoas atendidas.
Incialmente, Cándida Pico –da área de recursos humanos do Hospital da Costa- explica o contexto socio-xeográfico da área sanitaria da Mariña indicando os concellos abarcados, o volume de poboación atendida e ofrécenos as cifras de cada un dos sectores implicados na sanidade comarcal (cifras de persoal médico, de enfermaría, de celadores, administrativos, mantenemento, etc). Pola súa parte, Adelina Fernández lembra como se produciu a tímida introdución da lingua galega na administración e rotulación do Hospital da Costa, por iniciativa de Alfonso Bueno Gallardo (exdirector de xestión). Pedro López Beade fai historia do sistema de comunicación dos menús aos doentes, tanto desde o final dos anos 80 como na actualidade, cando se producen cambios importantes motivados pola implantación de novos sistemas informáticos no hospital. A enfermeira María do Carme Martínez Lamas explica cal é o modelo lingüístico imperante nas escolas universitarias de enfermaría e cal é a súa influencia
no exercicio profesional das persoas tituladas. A súa intervención consegue facernos partícipes do seu traballo tanto no contacto cos doentes como na xestión informática da atención diaria. O doutor Iago Villamil –nunha entrevista antolóxica- dános a coñecer as razóns polas que realiza dúas versións dos seus informes clínicos.
Pola súa parte, o doutor Carlos Fraga e a enfermeira Victoria García Leiras explican cal é o panorama da comunicación no Centro de Saúde de Burela.

























Este ano, como novidade, as crianzas participantes neste programa están a desfrutar de sesións de inglés dunha forma lúdica, dinámica e divertida, grazas á colaboración da English School de San Cibrao. A través de xogos, cancións, actividades participativas e moita creatividade, os nenos e nenas reforzan a aprendizaxe do inglés nun ambiente distendido, fomentando a comunicación, a curiosidade e a confianza para expresarse noutra lingua.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.



