Nota de prensa
O voceiro de Urbanismo do Grupo Popular, Román Rodríguez, lamenta a dobre linguaxe socialista “xa que dende a Deputación de Lugo apoian e dan cobertura ao convenio para desbloquear o problema e cando este comeza a desenvolverse o critican”
O PPDEG LAMENTA O DOBRE DISCURSO DO PSOE AO RESPECTO DO URBANISMO EN BARREIROS “ANTE UN PROBLEMA QUE CREARON ELES DE FORMA IRREFLEXIVA, E QUE TAMPOUCO QUEREN QUE SE RESOLVA”
Roman Rodríguez cualificou de “política perversa e discriminatoria a practicada pola Xunta bipartita xa que noutras situacións practicamente idénticas, como no caso de Foz, non actuou do mesmo xeito que en Barreiros porque tiña alcalde socialista”
“Sen dúbida o plantexamento adoptado é o mellor solución para un problema político xenerado polos socialistas dende o goberno da Xunta” segundo o voceiro popular
Para Roman Rodríguez “a solución pola que opta a Xunta e a mellor xa que o camiño que sinalan os socialistas levaría a un conflito xudicial impredecible no tempo e nas indemnizacións económicas que suporía”
Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2011.- O voceiro de Urbanismo do PPdeG, Roman Rodríguez, lamenta o dobre discurso dos socialistas galegos ao respecto do urbanismo en Barreiros “ante un problema que crearon eles mesmos de xeito discriminatorio e irreflexivo e que tampouco queren agora que se resolva”. Indicou, así mesmo que mentres o Bipartito na Xunta xerou un problema no concello lucense “a actual Xunta adopta medidas para solucionalo” polo que rexeita as críticas efectuadas hoxe polos socialistas e nacionalistas sobre a actuación que está levando a cabo o Goberno galego “para solucionar o problema xa que nestes momentos non existe ningún motivo para manter paralizado o urbanismo en Barreiros”.
Para o voceiro popular “trala paralización por parte da Xunta bipartita abríronse dúas posibilidades: por unha banda agardar ás resolucións xudiciais, abríndose un camiño de incertidume tanto no tempo de resolución como nas consecuencias económicas e que non acabaría coa paisaxe actual de edificios inacabados nin sería solución á situación de moitos compradores de boa fe que están a agardar pola súa vivenda, ou por outra banda a solución plantexada pola Xunta, que permite arranxar a problemática posibilitando o remate das obras de urbanización e a conclusión dos edificios nun período temporal razoable”. Para Roman Rodríguez “a solución pola que opta a Xunta e a mellor xa que o camiño que sinalan os socialistas levaría a un conflito xudicial impredecible no tempo e nas indemnizacións económicas que suporían”.
APOIO DA DEPUTACIÓN DE LUGO
Segundo Román Rodríguez o actual posicionamento do PSOE é contradictorio coas medidas que se adoptaron dende a Deputación de Lugo. Nese sentido lamentou a dobre linguaxe dos socialistas “xa que dende a Deputación apoiaron o convenio que fixa os pasos que se están a levar a cabo por parte da Xunta para normalizar a situación dando cobertura dende o punto de vista financeiro e cando este comeza a desenvolverse o Grupo Parlamentario do PSOE en Santiago o critica”.
Segundo Roman Rodríguez a situación actual se inicia cando o PSOE da Xunta bipartita paraliza o planeamento de Barreiros e impugna entorno a 50 licencias de obra concedidas polo Concello en base ás normas subsidiarias vixentes naquel momento. “Dende os inicios tratouse dunha acción puramente política perversa e discriminatoria xa que noutras situacións practicamente idénticas, como no caso de Foz, non actuou do mesmo xeito porque tiña alcalde socialista”.
O voceiro popular lembrou que as licencias concedidas estaban en solos clasificados como solo urbano non consolidado, “unha categoría de solo recollida na LASGA (Lei de adaptación do solo de Galicia) na que indica que é aquel solo urbano que carece de servizos para ter a urbanización completa, e na que o promotor ten dereito a obter licenza directa, pero que ten a obrigación de completar a rede de servizos de xeito coetáneo coa construción do inmoble ou ao finalizar o mesmo, en todo caso sempre antes de entregarlle a propiedade aos compradores”.
“A paralización e impugnación o que fixo foi cortar o proceso de desenvolvemento construtivo á metade de camiño, imposibilitando completar as edificacións e as obras complementarias de urbanización das cales se tiñan depositado avales para a súa execución no propio concello, xerando uns prexuízos tanto ás empresas como ós compradores de boa fe e ó propio Concello” segundo Roman Rodríguez. Para o voceiro popular “sen dúbida o plantexamento adoptado na actualidade é a mellor solución para un problema político xenerado polos socialistas e que a actual Xunta de Galicia está arranxando”.


















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).