Nota de prensa
PSdeG PSOE DE FOZ
A executiva do Partido socialista de Foz manifesta o seu apoio á comision focega en defensa da sanidade na concentración que vai haber maña sábado as 12 do mediodia na calle Juan Montes, entendemos que coa sanidade non se xoga e está mais que xustificada esta concentración, manifestamos que estaremos alí acompañando os veciños e veciñas que así o desexen,facemos tamén un chamamento á sociedade en xeral para que acudan mañá a dito acto xa que nas nosas mans está o futuro da ambulancia e mais do medico de urxencias de polas tardes, porque xa vemos que o Alcalde de Foz non vai facer nada por defender os intereses dos veciños, as declaración dos últimos días son un claro exemplo intentando xustificar de todas as maneirs posibles estes recortes hasta o punto de decir que o médico de urxencias ten poucas, pois para contrarrestar esto e que a xente vexa os datos, nos podemos decir que algún día o médico de urxencias chegou a atender 47 nunha soa tarde e para non ir moito atrais podemos decir que ontes as 9 da noite levaba atendidas 18, entendemos que son cifras que deixan ó descuberto a necesidade destes servicios.
O PSdeG PSOE de Foz estrá sempre ó lado dos veciños e veciñas do noso Concello e neste caso loitaremos para non perder aqueles servicios que tanto esforzo necesitaron para conseguirse,deberíamos estar loitando por conseguir novos servicios e non loitando por non perder aqueles que temos.






















A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



