Nota de prensa
BEGOÑA ALONSO CREE QUE OS ARGUMENTOS DE MÉNDEZ PARA XUSTIFICAR O ATRASO DOS TRABALLOS DE LIMPEZA DAS ESTRADAS PROVINCIAIS DE CERVO AGOCHAN A INCAPACIDADE DA DEPUTACIÓN PARA FACER O SEU TRABALLO
Cervo, 2 de setembro de 2011.- A concelleira delegada de Medio Ambiente do Concello de Cervo, Begoña Alonso Quintanilla, saíu ao paso das manifestacións feitas pola edil socialista cervense e vicepresidenta da Deputación, Lara Mendez, sobre o atraso na limpeza das estradas provinciais no termino municipal de Cervo.
Para Alonso Quintanilla, os argumentos dados por Méndez para xustificar o devandito atraso dos traballos de roza e desbroce das estradas provinciais no municipio de Cervo son a demostración de “dejadez, negligencia e inoperancia” da Deputación de Lugo cara ao concello de Cervo. “¿Acaso es necesario firmar un convenio para que la Diputación cumpla con sus obligaciones de mantenimiento de las carreteras que son de su titularidad? Eso es tanto como echarnos a nosotros la culpa por no saber hacer ellos su trabajo” recalcou a responsable de Medio Ambiente local.
Begoña Alonso adiantou que no ten intención de seguir polemizando sobre este asunto coa socialista cervense “porque no es mi estilo alimentar controversias estériles y sobretodo, porque la propia Lara Méndez reconoce ímplicitamente en sus declaraciones que la Diputación no es capaz de asumir sus obligaciones de una forma eficaz. De ahí que se escuden en la firma de convenios para sacarse ellos el muerto de encima y pasárselo a los ayuntamientos” recalcou.
Por último, a integrante do grupo de Goberno municipal quixo saber cal é a intención dos responsables provincial sobre a proposta do Concello de Cervo de manter o programa de inserción laboral “Lugo Emprega”. “Me gustaría que la señora Méndez, o alguno de sus compañeros con responsabilidades de Gobierno en la Diputación, se manifestasen públicamente sobre nuestra petición de prorrogar el plan Lugo Emplea. Creo sinceramente que sería bueno saber cual será su intención a este respecto, en lugar de escucharles declaraciones donde lo único que saben decir es lo malas que son las demás adminsitraciones”.

























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



