Nota de prensa
MARIO COTO ASEGURA QUE AS CONTAS DO CLUB NÁUTICO DE RIBADEO FORON AUDITADAS POR EMPRESAS AUTORIZADAS E ENGADE QUE SI ALGUÉN NON ESTÁ DE ACORDO “XA SABE O QUE TEN QUE FACER”.
Ribadeo, 2 de setembro de 2011. O presidente do Club Náutico de Ribadeo, Mario Coto, asegura que as contas desta sociedade foron auditadas por empresas autorizadas e engade que si alguén non está de acordo “xa sabe o que ten que facer”. Coto resposta así ás acusacións realizadas hai uns días polo seu antecesor no cargo.
Mario Coto fixo balance da actuación da súa directiva “para que non se pense que despilfarramos os cartos ou que non controlamos os nosos gastos. É moi fácil falar e a min si de algo me gusta falar é das cousas que creo que podemos facer e das que facemos”. O presidente do CNR referíuse ás declaracións realizadas hai uns días polo seu antecesor no cargo e dixo que “para min polo menos non son afortunadas porque él foi presidente do Club Náutico e sabe moi ben cómo deixou todo esto. Quixera recodarlle, e a partires de agora voume referir a él como socio do Club Náutico porque é o que é, que cando nós chegamos a esta directiva non tiveron o xesto nin a delicadeza de facer un traspaso de poderes ou papeis, díxosenos que todo o sabía a secretaria, que estaba todo da súa man e así foi como atopamos o CNR”.
Coto contou que “desde ese primeiro momento tivemos que facer moitos milagros para poñer ao día ao CNR, empezamos a revisar contas e as contas están aí, están revisadas e auditadas por empresas autorizadas e din o que din. Si alguén cre que debe facer outra reclamación e que non é certo o que estamos a decir, xa saben o que teñen qué facer”. O presidente do Club Náutico de Ribadeo lembrou que “cando chegamos aquí atopámonos cunha auténtica chatarrería. Ese ano non conseguimos a bandeira azul porque estaban avisados desde Adeac decíndolles que non podían lavar as embarcacións no lugar no que o estaban a facer, informáronos da existencia dunha grúa que estaba chorreando óxido para o mar, non se lle podía tocar porque os motores estaban puenteados e daban corrente, os cables de guincho estaban esfarrapados… e por eso non hubo bandeira azul”. Mario Coto manifestou que “ese foi un traballo duro, o que tivemos que facer, á nosa chegada ao Club Náutico de Ribadeo. Tivemos que desmontar a grúa, cambiámoslle motores, cables, mangueiras, etc. Conseguimos colocar unha predepuradora e un decantador de fangos para que as augas que se verten non vaian directamente ao mar con todos os residuos que conteñen, senón que queden nesas fosas. As embarcacións do Club non estaban nin foliadas nin documentadas, a verdade é que tivemos que facerlle frente a moitas cousas que para nada eu quería estar contando. Xa se sabe o que facemos, pero ás veces a un non lle coce moito o pan no peito senon relata esto, porque parece que si as conta outro esto é jauja e non é así”.
Compra dunha embarcación
O responsable do Club Náutico de Ribadeo aludiu “a unha embarcación que comprou unha sociedade formada polos fillos deste socio por 20.000 euros e despois véndenlle o 50% ao CNR, embarcación que está sen documentación, está sen nada neste momento e eso compróuno o Club Náutico estando ese señor no CNR. Todo eso paralizóuse, chamamos aos propietarios para poñernos de acordo e en varias reunións contestáronos que querían o casco, que é o que vale porque os técnicos din que o motor é obsoleto. Non houbo acordo e acabaremos facendo unha subasta con ela, porque somos socios ao 50% e esa é a realidade desa embarcación da que se fala que foi adquirida para remolcar outras embarcacións”. Para Mario Coto “é importante ver o que estamos facendo e o que se fixo, tivemos, por exemplo, a máis de 300 rapaces participando nas actividades de verán que organizou o Club Náutico de Ribadeo nos meses de xullo e agosto”.
O presidente do CNR manifestou que “o que non pode ser é o que fixo este socio, que un día tivo un problema nunha embarcación que ten alí atracada. É un barco destinado a facer cruceros parece ser, eu vexo entrar alí xente que non sei si vai de crucero ou a outras cousas e ás veces está aberto. Nun momento dado parece que alí houbo algún problema e nun acta que se levanta dixo que sospeitaba do vicepresidente do CNR porque houbera unha discusión nunha asamblea e que pensaba que puido ser él”. Mario Coto pide “un mínimo de dignidade, hai que saber o que se fai porque todos temos familia e amigos. Eu o único que quero é que se recoñeza o que nós facemos no Club Náutico e cando non esteamos borrón e conta nova e punto, como intentei facer eu. O que non se pode facer é andar saíndo nos medios de comunicación decindo cousas que despois quedan no aire e haberá quen pensé si son ou non verdade. As cousas hai que contalas con cariño e non malmetendo”.
“Cando se di que gastamos moito, igual é verdade porque nos vimos na obriga de acudir aos xulgados e tivemos que contratar abogados e asesores… as cousas acabaron ben, pero eso costa cartos. Fiscalizar todo o CNR costóunos cartos, pero agora xa nos costa menos porque xa o temos doutra maneira. Cando eu cheguei ao Club todo se apuntaba nun papel e despois pasábase non sei a qué notas, porque eso foi o que nos dixo a secretaria. Apareceron cousas en Pontevedra e outras non sei onde, pero eu non me quero referir a eso”, seguiu a relatar Mario Coto.
Gasolinera
Sobre a gasolinera que ía instalarse no porto deportivo Coto dixo que “cando chegamos aquí pregunto e dáseme un proxecto, que costou moitos cartos, e díseme que están encargados uns tanques e tamén que se van instalar no espigón do San Miguel. Chamo ao autor do proxecto e vámonos a Industria para que nos autoricen a facer a obra e alí dinnos que non pode ser. Primeiro fan un proxecto, encargan tanques para enterrar, nunha asamblea falan de pedir un crédito para poder facer a obra e despois denégannos a ubicación. Esa é a realidade e neste momento de crise levar adiante o proxecto é imposible, esto pasaría porque unha empresa a montase, porque senón non sería rentable polos litros de gasoil que se venden. O tanque que hai na marina seca agora ten unha autorización provisional, antes non a tiña e estaba posto de calquera maneira. Hai que ser serios e saber onde se invirten os cartos dos socios, ás veces non será a gusto de todos, pero éstas sos as cousas serias nas que está o CNR”.
O presidente lembrou que agora “estáse a facer unha pasarela e despois váise acondicionar o edificio onde están ubicadas as nosas oficinas”.


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



