Nota de prensa
A DEPUTACIÓN INSTA AO SERGAS A MANTER O SERVIZO DE 24 HORAS DA AMBULANCIA ASISTENCIAL DE FOZ
Antonio Veiga informou de que a Xunta de Goberno da Deputación acordou dirixirse á Xunta de Galiza para que a ambulancia asistencial con base en Foz continúe co seu funcionamento as 24 horas
Veiga tamén anunciou que en outubro a través do programa “Todos a Xogar” poranse monitores a disposición dos centros escolares e ANPAS para levar a cabo actividades extraescolares
Lugo, 9 de setembro 2011. O nacionalista Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno da Deputación, deu conta dun acordo que adoptou a Xunta de Goberno da Deputación no cal “expresamos o rexeitamento da Corporación Provincial á supresión da ambulancia asistencial que, con sede en Foz, atendía a este Concello xunto aos de Ferreira do Valadouro e Barreiros”. Segundo explicou Veiga, “a posición que vimos de adoptar hoxe, coherente coas xa adoptadas polas corporacións municipais de Foz e Ferreira, á marxe de significar a perda de emprego, non ofrece garantías asistenciais e non implica un aforro significativo porque debemos ter en conta que o seu servizo non se limitaba aos concellos referidos, senón que operaba noutros concellos da Mariña, ademais de ser utilizada para traslados intra hospitalarios, situándose no mes de xullo en 62 as incidencias ás que tivo facer fronte só en horario nocturno”.
Para Antonio Veiga non hai, polo tanto, “razóns que xustifiquen esta decisión se non partimos do obxectivo non explicitado, pero si verificado na práctica, do Partido Popular de pasarlle rebarbadora ao sistema sanitario público en Galiza e, de xeito moi particular, en Lugo”. Veiga afirmou que “o caso que hoxe denunciamos aquí non é algo illado, senón que debemos vincular con esta ofensiva do PP que pretende converter a nosa saúde nun negocio e que vai ter o seu correlato na supresión da Area Sanitaria da Mariña e de Monforte”. Por todo isto, Veiga afirmou que “a reivindicación do acordo tomado en Xunta de Goberno é claro, e consiste en solicitar do SERGAS que manteña o servizo as 24 horas da ambulancia asistencial que dá cobertura preferente aso concellos de Foz, O Valadouro e Barreiros”.
Por outra banda, Antonio Veiga anunciou que “desde a Área de Deporte da Deputación, no marco do programa “Todos a xogar” que desenvolvemos xunto á Fundación Balogal, e que vai arrancar o 1 de outubro, imos ofertar unha opción específica dirixida aos centros de primaria e que consistirá en poñer á súa disposición monitores deportivos para desenvolver actividades extraescolares nos centros”. “A decisión que vimos de tomar en relación con ofertar esta actividade en primaria,-engadiu Veiga- vai máis alá da importancia da práctica deportiva como elemento de socialización dos nenos e das nenas, posto que pretende garantir na escola pública unha oferta complementaria, a fin de que non se xere un agravio comparativo con outros centros que si que contan co favor da administración”. Antonio Veiga sinalou que “a estas horas estanse mobilizando miles de profesores na capital de Galiza polos recortes que a Xunta está a acometer no ensino, uns recortes que van significar a destrución de preto de 1000 empregos, arredor de 200 en Lugo, e que vai provocar un grave deterioro na calidade educativa dos nosos centros de ensino”.
Antonio Veiga incidiu nesta cuestión e lembrou que “este curso escolar terá menos profesorado, as aulas estarán máis masificadas, agruparase alumnado de niveis e/ou ciclos e idades diferentes nunha mesma aula, as necesidades educativas especiais non se atenderán adecuadamente e a orientación escolar será deficiente; Suprimiranse os desdobres, restrinxirase a atención á diversidade e os agrupamentos flexíbeis, suprimiranse os reforzos e apoios educativos, a atención personalizada farase imposíbel e numeroso profesorado terá que impartir materias das que non é especialista”.
Por todo isto “o programa “Todos a Xogar”, con esta opción á que estou a referirme –engadiu Antonio Veiga, vén cubrir unha demanda que tería que cubrir a Xunta de Galiza, unha Xunta de Galiza que non entende o ensino como un factor de igualdade, e nesa perspectiva é a Área de Deportes da Deputación quen lle lava a cara aos que entenden o ensino como un negocio pero sobre todo que cubre as demandas de formación que non atende o Goberno Galego. Unha e outra decisión, isto é os recortes en sanidade e educación por parte da Xunta de Galiza e as actividade extraescolares que vai desenvolver a través do programa “Todos a Xogar” esta area nos centros de primaria, son ven exemplificadoras do que facemos e defendemos uns e outros. Primeiramente porque deixa claro que o Goberno Galego pasou por converterse nun problema para os a sociedade galega, fronte a outro goberno o da Deputación que pon solucións riba da mesa, mesmo excedéndose no seu ámbito competencial. E en segundo lugar porque evidencia as prioridades na acción de goberno duns e doutros, fronte aqueles que apostamos polas persoas e pola súa calidade de vida, están os outros, que utilizan a escusa da austeridade para empeorar as condicións de vida da xente, e sobre todo do rural”.
Noutro punto da orde do día, Antonio Veiga informou da aprobación dun convenio co Círculo das Artes de Lugo por importe de 75.000 euros coa finalidade de levar a cabo melloras nesta infraestrutura, sobre todo de cara á súa accesibilidade para persoas con mobilidade reducida, tendo en conta o grande número de actividades culturais que se desenvolven neste edificio e a cantidade de lucenses que asisten.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



