Nota de prensa:
A Deputación porá en marcha os órganos de xestión das Reservas da Biosfera antes de que remate o ano
– Así o anunciou a Deputada de Medio Ambiente durante a inauguración do Curso de Saúde Ambiental co que colabora a institución provincial e acolle Sarria dende hoxe e ata o xoves
– Izquierdo salienta que os órganos de xestión de Terras do Miño e Os Ancares “garantirán o desenvolvemento sostible da zona e a permanencia da súa condición de Reserva da Biosfera ante a revisión que levará a cabo a UNESCO en 2012”
– A Deputación convertese na 1º administración galega que crea órganos de xestión para os espazos estes espazos naturais dos que non dispoñen ata o momento ningunha das restantes Reservas da Biosfera que existen en Galicia
A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, anunciou este luns que a institución porá en funcionamento os órganos de xestión de Terras do Miño e Os Ancares antes de que remate o ano. López Izquierdo, que fixo este anuncio durante a inauguración do XLVIII Curso de Saúde Ambiental co que colabora o organismo provincial, salientou que “isto garantirá o desenvolvemento sostible da zona e a permanencia da súa condición de Reserva da Biosfera ante a revisión que levará a cabo a UNESCO en 2012”.
A creación dos órganos de xestión é o paso posterior á creación do Regulamento de ditas Reservas da Biosfera, xestionadas directamente pola Deputación. A Deputada explicou que “este Regulamento é un documento imprescindible, que xa debía estar feito con anterioridade pola anterior Corporación, xa que a Reserva de Terras do Miño obtivo a distinción en 2002 e a de Ancares en 2006. Trátase dun requisito que estipula a UNESCO cando declara un espazo natural como Reserva da Biosfera e que aparece recollido na lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade. De non existir, a UNESCO podería anular a declaración”.
López Izquierdo subliñou que foi o actual equipo de goberno o que decidiu poñer en marcha o Regulamento, incluíndoo dentro do programa medioambiental Lug02. Isto permite crear os órganos de xestión destes espazos naturais que serán os responsables do desenvolvemento de estratexias e de futuras liñas de actuación para seguilos impulsando. Con esta iniciativa, a Deputación convertese na 1º administración galega que crea e estes órganos do que non dispoñen ata o momento ningunha das restantes Reserva da Biosfera que existen en Galicia.
Composición dos Órganos
O Regulamento aprobado no Pleno de xaneiro, define a estrutura dos órganos de xestión para cada Reserva da Biosfera, establecendo que estarán compostos por:
1.- Un órgano Reitor do que formarán parte o Presidente da Deputación; o Vicepresidente que, neste caso, será a Deputada de Medio Ambiente; o Secretario da institución provincial; e varios vogais. Estes deberán ser: un representante de cada un dos grupos políticos constituídos no seo da Corporación; un representante da Administración do Estado (a Ministra de Medio Ambiente ou quen delegue); un representante da Xunta de Galicia (o Conselleiro de Medio Rural ou quen delegue); e dous técnicos de recoñecido prestixio do ámbito universitario e científico.
2.- Un órgano de Participación, que estará formado tanto por representantes das administracións públicas, como de asociacións, organizacións e institucións. A función deste órgano é de servir de apoio, asesoramento e consulta ó Órgano Reitor. A súa composición é a seguinte: o Presidente da Deputación; varios vocais, habendo un representante de cada un dos grupos políticos da Deputación; e un representante de cada un dos 26 Concellos da Reserva de Terras do Miño e dos 3 da de Ancares. Ademais, participarán os representantes sociais de sectores interesados no desenvolvemento da Reserva como: representacións das organizacións agrarias, das comunidades de montes veciñais de man común, das organizacións ecoloxista, de turismo rural e representantes das asociacións de defensa do Patrimonio.
3.- Un Director Xerente, que será designado polo Órgano Reitor que se reunirá semestralmente como mínimo, é dicir, dúas veces ó ano e o de participación cantas veces sexa necesario.
Curso de Saúde Ambiental
O Curso de Saúde Ambiental enmárcase no Programa Galego Municipios Saudables e Sostibles. Ten o respaldo da Sociedade Española de Sanidade Ambiental e da Asociación Española de Ciencias Administrativas e está en proceso de tramitación para lograr que a USC conceda de 1 crédito de libre configuración. Conta con 23 poñentes de recoñecido prestixio, procendentes da USC, UV E UPM, así como altos cargos, técnicos das administracións, xestores de entidades e empresas relevantes en Galicia. Precisamente, foron traballadores da Deputación quenes arrincaron hoxe as xornadas formativas, dando a coñecer as medidas desenvoltas pola institución para xerar riqueza mediante o medioambiente. Nesta participan, ducias de estudantes universitarios e dos ciclos educativos de formación profesional de carácter ambiental, funcionarios e responsables políticos dos Concellos colaboradores (O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Portomarín, Samos, Triacastela, Lugo e Monforte de Lemos), representantes de asociacións sen ánimo de lucro e parados.
Está composto por 4 mesas redondas: A xestión sostible dos recursos naturais como factor do desenvolvemento socioeconómico e de benestar social na provincia de Lugo ; a xestión das augas na provincia de Lugo; a xestión dos residuos, o seu reciclaxe, reemprego e valorización; o eixo Lugo- Sarria- Monforte no camiño cara a sostibilidade. Ademais, inclúe visitas prácticas a Cementos Cosmos, Fontecelta, roteiro por Foz das Aceas, ETAP e EDAR municipais de Sarria, planta de transferencia de residuos urbanos e punto limpo, tamén no municipio sarriano.
Pioneira iniciativa en España
Sarria convértese no escenario deste curso, sendo a 11º ocasión na que a provincia lucense acolle esta pioneira iniciativa en España que xa é un referente ambiental en Galicia logo da súa celebración en 47 capitais de comarca e cidades galegas. A xornada do Programa Galego Municipios Saudables e Sostibles celebrouse cronoloxicamente en: municipios e comarcas de Padrón, Ponteareas, O Carballiño, Carballo, Vilagarcía de Arousa Monforte de Lemos, A Estrada, Caldas de Reis, Noia , Pontevedra, Narón, Viveiro, Ribeira, Ourense, Lugo (entidade local), Pontedeume, O Barco, Vigo, Vilalba, Silleda, Verín, Betanzos, Ribadeo, Ribadavia, Cangas, Arteixo, Chantada, Allariz, Cambados, Lalín, Celanova, Burela, Santiago de Compostela, Ordes, Xinzo de Limia, Lugo (ámbito provincial), A Coruña, Guitiriz, Castro Caldelas, Ferrol, Ponteareas, Foz, Ourense, Ortigueira, Baiona, Cospeito e Ourense (ámbito provincial), para agora chegar a Sarria.























“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



