Dentro dos XIX Encontros Pedagóxicos da Mariña Luguesa, que todos os anos organiza a CIG-Ensino en colaboración coa AS-PG, hoxe, mércores, poderemos asistir a unha actuación do grupo de música tradicional TUMBA E DALLE. Mañá, xoves, o Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, falará de “A crise económica e a educación en Galiza” . Ademais, haberá oportunidade de valorar as mobilizacións que o profesorado galego está a levar a cabo contra os recortes en educación. Os dous actos terán lugar ás 18:30 h no IES de Foz.
Seguen as actividades dos XIX Encontros Pedagóxicos da Mariña Luguesa