NOTA DE PRENSA
A MARIÑA SÓ EXISTE NA CANDIDATURA DO BNG, SEGUNDO OS NACIONALISTAS. SEIS MARIÑANOS FORMAN PARTE DA LISTA QUE ENCABEZA FERNANDO BLANCO.
A Mariña, 26 de xaneiro de 2009. O BNG presenta aos seus candidatos pola Mariña. O responsable comarcal do Bloque, Xosé Ramón Ermida sinala que “só nas nosas listas existe A Mariña. E non facemos esta afirmación polo feito de que un tercio das persoas que fan parte das listas do BNG pola circunscripción de Lugo sexan persoas desta comarca, algo que sí daría para comparar e para pensar por qué teñen as outras forzas políticas a esta comarca i realmente o peso que ten esta comarca no Bloque. Senón que nós cando facemos esta afirmación partimos de que estas listas sí que son o espello do que hoxe é esta comarca xa non solo no plano territorial senón tamén no plano social”. Ermida considera que “nestas listas está presente A Mariña vilega, A Mariña costeira, A Mariña con máis puxanza ou dinamismo económico, pero tamén está presente A Mariña rural, aqueloutra Mariña que funciona coas claves da perda de peso demográfico, de avellentamento que opera na provincia de Lugo”.
O responsable do BNG na Mariña engade que “a nosa oferta se fundamenta en dous eixos: na capacidade e na competencia contrastada das persoas que forman esta candidatura, posto que hai compañeiros e compañeiras con experiencia de moito tempo na área institucional e gubernativa”. Xosé Ramón Ermida di que na candidatura nacionalista pola provincia de Lugo está presente “A Mariña que quere un modelo de goberno distinto coma a que representa o compañeiro Manuel Parga. Tamén está A Mariña que crea riqueza, a das pequeñas e medianas empresas como a que representa Balbino Fernández López ou A Mariña da clase traballadora representada por unha sindicalista de recoñecida traxectoria como pode ser Dores Fernández Abel ou A Mariña que aposta polos servizos públicos. un servizo público para nós fundamental xunto á sanidade é a educación e aí está o director do colexio de Cervo, Xerardo López Enríquez. Tamén está presente A Mariña do tecido asociativo, A Mariña máis viva e A Mariña que representa Francisco Luis Rodríguez Guerreiro, presidente de Mariña Patrimonio, pero tamén A Mariña da muller que aposta por participar no puio…”.
Ermida cre que “a candidatura do BNG transfire ao campo electoral A Mariña tal e como é, pero tamén A Mariña que queremos os nacionalistas, A Mariña que crea riqueza, unha riqueza que efectivamente se ten que fundamentar nesa alianza entre o que é o capital e o que é o traballo e sobre todo nun momento de fonda crise económica comunista que fai necesario apostar por un modelo económico distinto, sobre todo que teña en conta o que é a defensa dos intereses da Mariña social. Pero tamén está A Mariña da igualdade e cando falamos disto tamén temos moi presente en qué coxuntura xogamos e por iso nesta coxuntura é fundamental que A Mariña conte cuns servizos públicos porque van ser a garantía de protección para os que menos teñen, pero tamén unha Mariña que vaia máis alá e que conte cuns servizos sociais que non sexan existenciais senón que sexan servizos públicos para garantir a protección dos máis desfavorecidos e tamén por último, A Mariña que exerce a democracia todos os días e que non limita este dereito ao voto de 4 en 4 anos”.
Os nacionalistas “estamos convencidos de que só a nosa comarca existe nas listas do BNG, pero o que aínda é máis importante nós tamén estamos convencidos de que só o Bloque Nacionalista Galego ten un programa, unha alternativa para A Mariña. Hai quen entende a política coma o xeito de crear outro problema onde existe un, nós entendemos a política como propostas e como solución. Eso foi o que exercitamos nestes pasados 4 anos e nesa liña imos seguir traballando na vindeira lexislatura”.
Candidatos
Manuel Parga Núñez. Candidato número 3 por Lugo.Veciño de Burela, ensinante, foi o primeiro Alcalde e Concelleiro do BNG neste Concello. Actualmente é parlamentario e membro do Consello Nacional do BNG.
Balbino Fernández López. Candidato número 5 por Lugo. Natural de Foz é propietario dunha empresa adicada ao asesoramento fiscal e contable. Exerce de Concelleiro en Foz, formando parte do Consello Local do BNG.
Dores Fernández Abel. Candidata número 8 por Lugo. Profesora de Ensino Secundario, reside en Ribadeo, onde preside a Agrupación Cultural Francisco Lanza. A día de hoxe é Secretaria de Organización da CIG na Mariña.
Xerardo López Enríquez. Candidato número 11 por Lugo. Director do Colexio de Cervo,localidade na que reside, foi concelleiro do BNG na súa localidade. É o actual Responsábel Local do BNG en Cervo.
Francisco Luís Rodríguez Guerreiro. Militante do nacionalismo desde 1973, fecha a lista do BNG por Lugo. Natural de Viveiro, vila na que foi concelleiro entre 1979 e 2007, preside a Asociación Mariña Patrimonio.
Sandra Acebrás Dopacio. Concelleira do grupo de Goberno de Riotorto, leva a área de desenvolvemento rural do goberno nacionalista. Foi co fundadora e é Presidente da Asociación de Mulleres Rurais”Terras de Miranda”.


















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



