NOTA DE PRENSA
XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 – IIIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2011/2012)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
INCIDENCIAS DA 1ª TIRADA
(Centro Social de Lago – Sábado, 8 de outubro 2011)
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE LAGO ( 8 OUTUBRO 2011)41 INSCRITOS: 21 NA LIGA SENIOR, 13 NA LIGA SUB 16 E 7 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | OMAR CABRERA MACIAS | 192 | 12 |
| SEGUNDO | ARTURO VIGO CASABELLA | 166 | 10 |
| TERCEIRO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 157 | 8 |
| CUARTO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 153 | 7 |
| QUINTO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 151 | 6 |
| SEXTO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 150 | 5 |
| SÉTIMO | JOSÉ GONZÁLEZ RODRÍGUEZ | 137 | 4 |
| OITAVO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 132 | 3 |
| NOVENO | JORDI MEITÍN SERANTES | 129 | 2 |
| DÉCIMO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 109 | 1 |
| MELLOR BOLADA | OMAR CABRERA MACÍAS | 70 | 1 |
| LIGA SUB 16 | |||
| PRMEIRO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 111 | 6 |
| SEGUNDO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 69 | 4 |
| TERCEIRO | SAUL MARTÍNEZ RODRÍGUEZ | 54 | 3 |
| CUARTO | SAMUEL REY ÁLVAREZ | 45 | 2 |
| QUINTO | CRISTOBAL RIVAS CAMPO | 42 | 1 |
| MELLOR BOLADA | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 52 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 65 | 6 |
| SEGUNDO | SALOMÉ BERMÚDEZ | 55 | 4 |
| TERCEIRO | MARISA CASABELLA FERNÁNDEZ | 31 | 3 |
| CUARTO | CARMEN ROCA CORRAL | 18 | 2 |
| QUINTO | DOLORES BAÑO FRAGA | 9 | 1 |
| MELLOR BOLADA | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 37 | 1 |
-Tarde agradable. Campo irregular, moi seco, o que dificultou as tiradas, provocando moitas cucadas, sobretodo na Liga Feminina.
-Para ser a primeira tirada da tempada, excelente participación, sobretodo na Liga Sub 16 con 13 inscritos; neste sentido, notouse a Xornada de Promoción celebrada no IES Illa de Sarón. Na Liga Femenina tivemos 7 participantes e 21 na Liga Senior.
Liga Senior Masculina.- Victoria inapelable do xogador hispano-cubano Omar Cabrera, quen con 192 tantos e con só 6 puntos desquite impúxose con 26 tantos de ventaxa a Arturo Vigo. Omar, un auténtico portento físico, antigo xogador de beisbol, pode ser o gran animador este ano se consigue continuidade e se o seu traballo lle permite unha participación regular no campionato.
Agás Omar, o resto estiveron moi igualados, notándose o parón destes últimos meses, xa que se vé que os xogadores inda non están rodados.
Liga Sub 16.- O mellor desta Liga temos que decir que foi a participación. Os 13 inscritos/as suponen un moi bó comezo; esperemos que non se desanimen e sigan vindo ás tiradas. Gañou Isaias Cardoso cuns expléndidos 11 tantos, amosando un xogo moi sólido. Isaias xa participou o ano pasado na Liga, ocupando ao final un meritorio quinto posto; pero temos que decir que Isaias creceu e xa vemos un xogador máis fornido, que pode aspirar a moito este ano; penso que estamos diante dun dos favoritos. Segundo quedou Daniel López, xogador con boas maneiras que a tempada ocupou un meritorio terceiro posto final.
Liga Senior Feminina.- Moi pobre a tirada realizada polas xogadoras desta categoría, as cales notaron, ademáis do parón estival, a dureza do campo, que como dixemos ao principio, estaba moi seco, o que propiciou numerosas cucadas. Desta dureza dá fé que a campiona da tempada pasada (Dolores Baño) quedou 5ª e só foi capaz de facer 9 tantos, e a subcampiona Carmen Roca quedou 4ª tamén cuns míseros 18 tantos. Venceu nesta primeira tirada Belén Meitín con 65 tantos, tanteo tamén baixo para unha das mellores xogadoras da Liga.
A Vindeira tirada vai ter lugar no CLUB SOCIAL DE PALMEIRO O VINDEIRO SÁBADO, 15 DE OUTUBRO DE 2011.


















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
