REFERENCIA
O PP sacraliza no Parlamento a arbitrariedade urbanística e o “todo vale”
Compostela, 11 de outubro de 2011. Cos votos da maioría parlamentaria do PP, o lexislativo galego vén de refrendar o caótico urbanismo de Barreiros, rexeitando unha proposición non de lei que instaba á Xunta a denunciar o convenio urbanístico para legalizar milleiros de vivendas ilegais e investir 14 millóns de € dos cartos públicos en tapar os buratos das construtoras. Isto significa que tras a retirada por parte de Feijóo dos recursos contra as licenzas ilegais outorgadas polo concello de Barreiros en 2006, e a aprobación por parte a Xunta do Plano Sectorial para legalizar o ilegalizábel, a lexislación urbanística galega fica baleira de contido e pasa a ser substituída pola arbitrariedade do Sr. Conselleiro. Este é o “urbanismo real” de Hernández: inseguridade xurídica, arbitrariedade, desfeita ambiental e corrupción.
parlamento1Deste xeito, calquera concello ou promotor que queira construir alí onde lle pete, dependendo da súa cor política, sabe que se non pode facelo coa Lei do Solo na man, sempre pode acudir ás súas amizades na Xunta para que aproben un Plano Sectorial de incidencia supramunicipal (anque sexa para un só concello, como o caso de Barreiros) e ademáis, de non haber cartos, un convenio urbanístico á medida para que os promotores pon teñan que poñer un can.
Esta nova vía aberta pola Xunta na xestión do territorio deixa baleira de contido toda a lexislación urbanística previa substituíndoa pola arbitrariedade e a discrecionalidade do Conselleiro. É o “urbanismo real” que invocaba o Sr. Hernández para solucionar os “problemas” do urbanismo legal: as leis e normas teñen o feo vicio de limitar e prohibir a política dos feitos consumados, do “ti vai facendo”, tan cara para moitos concellos galegos.
No debate parlamentar da proposición non de lei, evidenciouse tamén o enorme cinismo do grupo parlamentar maioritario: o voceiro do PP encarregado de defender o indefendíbel, o Sr. Balseiro Orol, foi un sos responsábeis sendo concelleiro en Cervo dun dos atendados patrimoniais máis bárbaros xamais acontecido en Galiza: a desfeita do castro da Atalaia. Con semellantes valedores, o noso patrimonio e o noso territorio corren grave perigo, e as leis que os defenden son papel mollado.
Conscientes de que un dos poucos camiños que quedan para revertir esta desfeita é a Xustiza, facemos un chamado aos xuíces para que sexan rigorosos na interpretación das leis e normas que ordenan o noso territorio e non se deixen influenciar polas presións políticas que pretenden instaurar a ditadura dos feitos consumados.























A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



