Nota de prensa:
O BNG esixe á Xunta de Galiza que non acepte o ERE de extinción en Mobeis Hermida e que adopte medidas que garantan o mantemento dos postos de traballo e a viabilidade da empresa
Os nacionalistas afirman que de tomarse esta medida o golpe para moitas familias e para a economía laurentina será definitivo.
Dende o BNG xa se fixeron propostas de apoio ao sector da madeira que buscaban optimizar o aproveitamento do sector.
Lourenzá, 14 de outubro de 2011. O BNG laurentino despois das novas sobre o ERE de extinción de postos de traballo previsto en Muebles Hermida que deixaría sen emprego moitas familias de Lourenzá e o seu entorno, esixiu á Xunta de Galiza que estude con detenimento unha medida que, de aplicarse, será o golpe definitivo que deixará á economía de moitas familias e en xeral á economía dun concello altamente dependente do sector da producción e transformación da madeira. Neste sentido, o concelleiro nacionalista Cesar Docampo, esixiu á Xunta “que non acepte o ERE de extinción previsto e dispoña as medidas precisas para evitar a perda de tantos postos de traballo e dea garantias á viabilidade da empresa”. Docampo precisou que “a administración pública non pode mirar a outro lado diante do desmantelamento dunha empresa que xenera valor engadido na transformación da madeira que se produce no noso concello e comarca porqué estariase condenando á ruína non só aos traballadores da propia empresa senón ao conxunto do sector”. O nacionalista anunciou que o BNG apoiará todalas medidas tendentes ao mantemento dos postos de traballo, que hoxe por hoxe é o principal, e estará presente nas mobilizacións previstas nos próximos días.
A Xunta debe traballar na liña de manter os postos de traballo e a viabilidade da empresa
Cesar Docampo esixiu á Xunta de Galiza e nomeadamente á Consellaría de Traballo, que non acepte o ERE de extención de 100 postos de traballo en Muebles Hermida e poña en marcha instrumentos para garantir a viabilidade da empresa, o nacionalista indicou que “non son aceptábeis medidas tan drásticas como as anunciadas que levarán ao desemprego e a ruína ademais de moitas familias, ao propio concello de Lourenzá pola súa altísima dependencia do sector forestal e transformador de madeira”. O nacionalista insistiu en que “a Consellaría de Traballo será quen decida sobre a aceptación ou non dos despedimentos anunciados pola empresa, mais tamén hai outras consellarías con capacidade para buscar solucións que permitan a viabilidade dunha empresa que é vital para o noso concello”
Apoio aos traballadores nas súas mobilizacións para manter os postos de traballo
O BNG, segundo anunciou Docampo, “apoiará todas as medidas encamiñadas a manter os postos de traballo de Muebles Hermida e fagan viábel a empresa polo que estará presente na manifestación prevista o vindeiro domingo en Mondoñedo”, “non nos parece lóxico nin razoábel que escaso tempo despois da posta en marcha dunha nova planta que supuxo un importante investimento tanto privado como público, agora vaia converterse nunha fábrica de parados”
Os nacionalista xa tiñan posto riba da mesa propostas de apoio ao sector forestal como o CIS Madeira
Cesar Docampo lembrou que para o BNG o sector forestal é deberá seguir sendo estratéxico para a economía de Lourenzá e o conxunto da comarca mariñá, por iso propuxeron non seu momento a posta en marcha de instrumentos de apoio ao sector productor e transformador como sería a posta en marcha no concello do CIS Madeira que permitira a investigación, promoción e elaboración de proxectos tomando como base a producción e transformación da madeira que permita ofrecer soporte e asesoramento tecnolóxico e evolutivo ao sector.





















As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



