Nota de prensa
A CONCELLERÍA DE DEPORTES PROMOVE A SEGUNDA LIGA LOCAL DE PADEL
Os interesados en participar teñen de prazo ata o 7 de novembro para formalizar a súa inscrición
Cervo, 19 de outubro de 2011.- O delegado de Deportes de Cervo, José Ramón Soto, anunciou hoxe que o Concello ten a intención de levar adiante a segunda edición da liga local de padel coa axuda e colaboración de varios afeccionados a este deporte do municipio.
Soto dixo que a idea de celebrar esta segunda liga de padel “Concello de Cervo” xurdiu dos propios practicantes deste deporte “e ao igual que o fixemos na pasada edición, pretendemos colaborar con eles na medida das nosas posibilidades” sinalou o edil de Deportes.
A competición terá lugar na pista municipal de padel, situada no polígono de Cuíña, e desenvolverase mediante a modalidade de “ranking” nas categorías masculina e mixta. O “ranking” ven fixado segundo o nivel dos participantes e a competición estará dividida en voltas dun mes de duración.
Ao final de cada volta producirase o ascenso e descenso de grupo, segundo os puntos conseguidos (cambio de ranking). Os horarios de xogo son totalmente flexibles e as parellas poñeranse de acordo na data e hora para disputar os encontros.
Aqueles interesados en participar teñen de prazo ata o vindeiro 7 de novembro para formalizar a súa inscrición. Deberán anotarse na Casa da Cultura de San Ciprián, no Concello de Cervo, a través do teléfono 652.802192 (Álvaro), ou ben a través do correo electrónico padelplayas@hotmail.com.
———————————-
LIGA DE PADEL CONCELLO DE CERVO
Temporada 2011/2012
CATEGORÍAS MASCULINA Y MIXTA
BASES DE COMPETICIÓN.-
1.- Pista. Todos los partidos se disputarán en la pista municipal del Concello de Cervo, ubicada en el Polígono Industrial de Cuiña.
1. El ranking estará dividido en etapas de 1 mes de duración. Al final de cada etaà se producirá el ascenso y descenso de grupo según los puntos conseguidos.
2. Los horarios de juego son totalmente flexibles. Las parejas se pondrán de acuerdo en fecha y hora, durante la semana, para disputar el partido.
3. Los partidos se jugarán al mejor de tres sets. En caso de llegar al 3º set, éste podrá sustituirse por un “super tie break” por mutuo acuerdo de las dos parejas.
4. Resultados: Una vez terminado un partido la pareja ganadora será la encargada de remitir el resultado al correo padelplayas@hotmail.com o bien al teléfono 652802192.
Se ruega a todos los jugadores ser participativos para evitar atrasos y posibles decisiones comprometidas para la organización.
5. La puntuación que obtendrá cada pareja por los enfrentamientos será:
– Partido ganado suma: 3 puntos
– Partido perdido suma: 1 punto
– Partido no jugado suma: 0 puntos
Si en una vuelta varios equipos obtienen la misma puntuación, se decidirá quién sube o baja a otro grupo en función del equipo que haya ganado el enfrentamiento jugado entre ellos; si hubiera empate, entre los tres equipos se resolverá en primer lugar la pareja que haya ganado más sets, y si continua el empate la que haya ganado más juegos.
Si todos los equipos obtienen la misma puntuación porque han ganado el mismo número de partidos el criterio de desempate que se aplicará será por diferencia de sets ganados; en caso de empate a sets entre todos los equipos, el desempate se hará por los juegos ganados. Si todos los equipos tienen el mismo número de juegos ganados se decidirá por sorteo
Si en una vuelta solo dos equipos obtienen la misma puntuación, se decidirá quién sube o baja a otro grupo en función del equipo que haya ganado el enfrentamiento jugado entre ellos.
5. Los grupos estarán formados por 3 parejas, excepcionalmente puede haber grupos de 4 parejas. .
Al final de cada fase (4 partidos en 1 mes) la clasificación variará de la siguiente manera:
· La 1ª pareja asciende 1 grupo.
La 2ª pareja mantiene grupo.
· La 3ª pareja desciende 1 grupo.
Se reorganizarán los grupos en cada fase.
7. Fechas: Es imprescindible cumplir las fechas señaladas en la medida de lo posible. Si no puedes jugar, comunicarlo lo antes posible vía e-mail. Para evitar molestias a los contrincantes y tomar las decisiones oportunas y por el mismo medio enviar los resultados antes de que termine el mes.
























A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
