Nota de prensa
Feijoo apadriñou hoxe en Lugo as candidatura coas que o PPdeLugo concurre ás eleccións do 20-N
Lugo, a 20 de outubro de 2011.- O PPdeLugo presentou hoxe as candidaturas coas que concurrirá ó Congreso e ó Senado nas eleccións xerais do vindeiro 22 de novembro nun acto no que participou o presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo.
Os populares lucenses amósanse convencidos de acadar o respaldo maioritario do electorado lucense porque, segundo recalcan, “o Partido Popular constitúe a única opción creíble, fiable e con capacidade para lograr que o país poida remontar a grave crise económica na que se atopa”. Así, centrarán a súa campaña electoral en dar a coñecer as solucións que os populares queren dar ós problemas de España dende o Goberno do Estado e con Mariano Rajoy coma presidente “serio e capaz”. Por elo, traballarán para contribuir tamén dende a provincia de Lugo a que Rajoy non só acade a victoria electoral senón que conte cun respaldo maioritario que dé solidez ó seu goberno. Neste contexto, os populares lucenses confían en incrementar a súa representación nas cámaras nacioanis.
No que atinxe á conformación das listas, dende o PPdeLugo salientan que acomenteuse unha importante renovación que afecta a prácticamente a metade dos integrantes. Indican asimesmo que na conformación das mesmas tentouse buscar unha representación das distintas comarcas da provincia, así como a presencia de mulleres, que case supoñen o 50 por cento.
CONGRESO
Joaquín García Díez
DATA NACEMENTO: Ferrol, 16 de setembro de 1954.
FORMACIÓN: Biólogo
PROFESIÓN: Funcionario do Inludes
ACTIVIDADE POLÍTICA: Deputado no Congreso
Jaime de Olano Vela
DATA NACEMENTO: A Coruña, 6 de xullo de 1970
FORMACIÓN: Licenciado en Dereito
PROFESIÓN: Avogado
ACTIVIDADE POLÍTICA: Concelleiro en Viveiro
Olga Iglesias Fontal
DATA NACEMENTO: Triacastela, 5 de abril de 1971
FORMACIÓN: Veterinaria
PROFESIÓN: Funcionaria Corpo Veterinario da Xunta de Galicia
ACTIVIDADE POLÍTICA: Alcaldesa de Triacastela, presidenta do comité local e deputada no Congreso
María Josefa Gómez Pallín
DATA NACEMENTO: Castroverde, 4 de novembro de 1981.
FORMACIÓN: Diplomada en Maxisterio
PROFESIÓN: Mestra de Educación Infantil.
ACTIVIDADE POLÍTICA: Voceira do GMPP en Castroverde e presidenta do comité local
Suplentes:
Mercedes Josefina González Alonso
DATA NACEMENTO: Foz, 9 de agosto de 1970
Formación: Licenciada en Farmacia
Profesión: Farmaceutica
ACTIVIDADE POLÍTICA: concelleira en Foz
Daniel Vega Pérez
DATA NACEMENTO: Arante (Ribadeo), 4 de novembro de 1983
FORMACIÓN: Técnico Agrícola
PROFESIÓN: Técnico Agrícola cooperativa Gancobre de A Pastoriza
ACTIVIDADE POLÍTICA: presidente provincial Novas Xeracións
Azucena González Loredo
DATA NACEMENTO: 13 de setembro de 1972
FORMACIÓN: Licenciada en Filoloxía inglesa
PROFESIÓN: Empregada SEAGA
ACTIVIDADE POLÍTICA: concelleira en Ribadeo.
César Aja Mariño
DATA NACEMENTO: Viveiro, 7 de xaneiro de 1951
FORMACIÓN: Licenciado en Bioloxía
PROFESIÓN: Profesor de Secundaria
ACTIVIDADE: voceiro GMPP de Viveiro e presidente da agrupación local
SENADO
José Manuel Barreiro Fernández
DATA NACEMENTO: Lugo, 18 de septiembre de 1957
FORMACIÓN: Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais
PROFESIÓN: Catedrático de Universidade
ACTIVIDADE POLÍTICA: Presidente Provincial PP de Lugo, senador, voceiro do PP na Deputación e concelleiro en Lugo
Suplentes
Juan Carlos Armesto Quiroga
DATA NACEMENTO: O Saviñao, 20 de marzdo 1968
FORMACIÓN: FP Administrativo
PROFESIÓN: axente comercial
ACTIVIDADE POLÍTICA: concelleiro e tenente-alcalde en O Saviñao
Encarnación Amigo Díaz
DATA NACEMENTO: As Nogais, 24 de marzo de 1957
FORMACIÓN: licenciada en Mediciña.
PROFESIÓN: Médico Reumatólogo
ACTIVIDADE POLÍTICA: concelleira en Lugo
Armando Castosa Alvariño
DATA NACEMENTO: Goa (Cospeito), 22 de novembro de 1963
FORMACIÓN: Bacharelato superior
PROFESIÓN: Funcionario de Administración Local
ACTIVIDADE POLÍTICA: Alcalde de Cospeito, presidente do comité local e senador
Suplentes
Angel Camino Campo
DATA NACEMENTO: O Incio, 24 de febreiro de 1944
FORMACIÓN: bacharelato
PROFESIÓN: xubilado
ACTIVIDADE POLÍTICA: membro executiva provincal e autonómica
María Luisa Macía Martínez
DATA NACEMENTO: Rábade, a 10 de novembro de 1972
FORMACIÓN: licenciada en Dereito
PROFESIÓN: Procuradora
ACTIVIDADE POLÍTICA: voceira GMPP en Rábade e presidenta agrupación local
Julia Rodríguez Barreira
DATA NACEMENTO: Monforte, 18 de decembro de 1966
FORMACIÓN: Licencidada en Dereito
PROFESIÓN: Avogada
ACTIVIDADE POLÍTICA: Voceira do GMPP en Monforte
Suplentes
Dámaso López Rodríguez
DATA NACEMENTO: Taboada, o 1 de decembro de 1951
FORMACIÓN: licenciado en Mediciña
PROFESIÓN: médico
ACTIVIDADE POLÍTICA: deputado autonómico e presidente da agrupación local en Monforte
Ana Broz Paderne
DATA NACEMENTO: A Coruña, o 8 de xullo de 1978
FORMACIÓN: Fisioterapeuta
PROFESIÓN: Fisioterapeuta
ACTIVIDADE POLÍTICA: concelleira e tenente-alcalde en Guitiriz

















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



