A Asociación de Turismo Rural da Mariña Lucense nunha mostra máis, de conseguir unha referencia no mercado do turismo e estando entre os seus obxectivos a diferenciación apostando pola calidade do turismo. Levamos traballando durante este ano para lograr converternos nun dos destinos con máis certificacións de Q de Calidade en aloxamentos de turismo rural e ser un dos colectivos asociativos con máis certificacións de Calidade.
A final deste ano, 6 establecementos de turismo rural da nosa asociación terán este distintivo, dous deles xa o conseguiron, Pazo dá Trave en Viveiro e Casa Franco en Alfoz, en caso de Casa Franco foi ao comité de xuño, e os outros catro son Areal en Viveiro, Anatur en Cervo, A Casa de Piego en Foz e O Bizarro en Trabada, que xa pasaron todo o proceso de implantación, pasaron as auditorías externas e irán ao comité de novembro.
Desde a Asociación estívose traballando en conxunto coa empresa implantadora e estivéronse aconsellando e asesorando aos establecementos da propia asociación, dando un maior apoio aos que no seu día deron o paso de implantar a Q de Calidade Turística en Aloxamentos Rurais.
O traballo de certificación como dixemos anteriormente, realizouse dentro da Asociación de Turismo Rural da Mariña Lucense, como membro da Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR), que asinou un convenio no principio do ano con TURGALICIA, para a difusión e promoción da Q de Calidade Turística nos Aloxamentos de Turismo Rural de Galicia.
Cremos que vai ser bo para o destino e turismo rural da Mariña, xa que moita xente poderase fixar máis no noso destino, ao mesmo tempo posibilitaranos aparecer noutros distintos soportes de promoción turística relacionados directamente con Calidade Turística.
Desde a Asociación de Turismo Rural da Mariña Lucense seguiremos traballando con este obxectivo para lograr que máis establecementos aposten pola calidade turística.
























A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



