Na sesión, que se desenvolverá este xoves día 3, ás 19.00h na UNED, en Foz, visionarase a película La teta asustada (Perú/España) dirixida por Claudia Llosa. Continúa a III Edición do video-forum MULLERES NO MUNDO, organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade, en colaboración coa UNED e con Radiofoz,. Este ano, concretamente, está centrado no cinema latinoamericano e como novidade adopta unha fórmula, que pretende crear un ambiente máis agradábel e propicio para o debate e o intercambio de ideas a partir do visionado dos filmes escollidos. É o do café-debate. O Observatorio, ao igual que a semana pasada, repartirá cafés e pastas aos e ás asistentes para axudar a crear un clima distendido no debate posterior ás proxeccións.
Continúa a III Edición do video- forum Mulleres no Mundo coa proxección da película La teta asustada
Continúa a III Edición do video- forum Mulleres no Mundo coa proxección da película La teta asustada
Relacionado
-
Debido ás modificacións do tráfico con motivo do Resurrection Fest, non estará permitido o estacionamento na rúa Lavandeiras desde o luns 23 de xuño ás 08:00 horas ata o martes 1 de xullo ás 08:00 horas
-
O alumnado de 4º da ESO do IES Marqués de Sargadelos participou esta semana nun bautismo de mergullo na piscina municipal
-
O tramo da Avenida Ramón Canosa comprendido entre a marquesiña do autobús e a entrada á Piscina Municipal permanecerá cortado ao tráfico durante toda a xornada do sábado 21 de xuño, con motivo da montaxe do Resurrection Fest