NOTA DE PRENSA:
Os populares denuncian que se están a producir deficiencias como que as embarcacións carecen da tripulación mínima, están a ser patroneadas por persoal non funcionario ou por persoas que non dispoñen da titulación esixida
O PPDEG ASEGURA QUE A XUNTA FOMENTA GRAVES IRREGULARIDADES NO FUNCIONAMENTO DAS LANCHAS DO SERVIZO DE SALVAMENTO
* Segundo o voceiro de Pesca do PPdeG José Manuel Balseiro a gran maioría das embarcacións do Servizo de Gardacostas permanecen amarradas a porto dende outubro do 2006 e “as poucas que están operativas ou ben presentan deficiencias mecánicas, ou ben están a traballar con graves irregularidades nas súas dotacións”
Santiago 4 de febreiro de 2009.- O voceiro para asuntos de Pesca do PPdeG, José Manuel Balseiro, asegurou que a Xunta de Galicia -a través da Consellería de Pesca- está a permitir “de xeito flagrante” unha serie de irregularidades no funcionamento das lanchas do Servizo de Gardacostas de Galicia. Balseiro asegurou que “o descontrol” que existe actualmente nas augas galegas reflicte “o ilimitado grao de incompetencia” da conselleira en funcións Carme Gallego “e de todo o equipo que estivo ao fronte da Xunta nos últimos catro anos”.
Entre os exemplos “de desgoberno” da Consellería de Pesca apuntados polo voceiro popular figura o feito de que a gran maioría das embarcacións do Servizo de Gardacostas permanezan amarradas a porto dende outubro do 2006, “e as poucas que están operativas ou ben presentan deficiencias mecánicas, ou ben están a traballar con graves irregularidades na súas dotacións”.
Neste senso asegurou que “as poucas lanchas” de Gardacostas que saen ao mar para facer as súas labores nalgúns casos están patroneadas por persoal non funcionario, noutros non levan a bordo a tripulación mínima requirida (patrón, mecánico e mariñeiro); e noutros, están a ser patroneadas por persoal que non posúe a titulación náutica esixida, ou que non superaron o oportuno proceso selectivo para estes postos “senón que están encadrados na categoría de vixiantes/mariñeiros e non nas de mandos de embarcacións, carecendo de experiencia profesional para mandar unhas embarcacións adicadas, ademais da vixilancia, ao Salvamento Marítimo” lembrou Balseiro.
“E mentres isto está a ocorrer, a señora Gallego non só non está a facer nada para subsanar esta situación coma debería de facer calquera persoa ao fronte dunha administración e que en teoría esta para velar polo cumprimento da legalidade; senón que está a permitir e fomentar de xeito flagrante esta serie de incumprimentos e irregularidades” salientou Balseiro.






















A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



