Mondoñedo volveu acoller a derradeira manifestación contra a destrución de postos de traballo na Mariña. Nesta ocasión foi polo peche da fábrica mindoniense aglomerados Ecar, propiedade da empresa Financiera Maderera.
A manifestación comezou coa concentración de obreiros, comerciantes, representantes de partidos políticos, sindicatos e entidades sociais nas inmediacións da fábrica de aglomerados Ecar. De aquí partiron, polas rúas da cidade, cara a Casa do Concello, onde rematou a protesta, trala lectura dun manifesto.
Malos tempos para a clase obreira. Fai unhas semanas foi a empresa Muebles Hermida, con sede en Lourenzá, a que comunicou a decisión de desfacerse da metade da plantilla. Fai uns días a empresa Finsa fixo pública a súa determinación de pechar a fábrica de glomerados Ecar en Mondoñedo. En pouco máis dun mes a comarca quedase sen preto 200 postos de traballo directos. Malos tempos para a Mariña.
Pouco movemento social ante tanta desfeita.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



