NOTA DE PRENSA
OBRADOIRO: Arte e parte. O desafío de voar coas propias ás
No marco das actividades e obradoiros progamados con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade 2011 desenvólvese este obradoiro para todos os públicos nos catro museos da Rede da Deputación: Museo Provincial de Lugo (17 DE DECEMBRO), Museo Provincial do Mar, en San Cibrao (6 DE DECEMBRO), Museo Etnográfico San Paio de Narla, en Friol (8 DE DECEMBRO), e Pazo de Tor, en Monforte (9 DE DECEMBRO). Imparten a psicóloga e especialista en Arte-Terapia, Adriana Pazos Ottón, directora de Aulaideas, e Encarna Lago, xerente da Rede Museística.
Calendario
Día 6 de decembro, ás 12:00 h., no Museo Provincial do Mar, San Cibrao, Cervo.
Día 8 de decembro, ás 12:00 h., no Museo San Paio de Narla, Friol.
Día 9 de decembro, ás 12:00 h., no Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos.
Día 17 de decembro, ás 12:00 h., no Museo Provincial de Lugo.
+ info sobre este obradorio: http://www.museolugo.org/documentos.asp?mat=10&id=1627
Máis información e contactos cos catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo:
Museo Provincial de Lugo: tfno..: 982 24 21 12 / info@museolugo.org
Museo Etnográfico de San Paio de Narla: tfno..: 982 37 51 56 / sanpaiodenarla@museolugo.org
Museo Provincial do Mar: tfno..: 982 59 45 72 / museodomar@museolugo.org
Museo Pazo de Tor: tfno.: 982 165 534 / pazodetor@museolugo.org
Contacto coa Xerencia da Rede Museística: tfno.: 620 280 203 / xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org
Para consultar o programa completo entre na nosa web: Día Internacional das Persoas con Discapacidade 2011
























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



