A Liga Céltiga Galaica convoca pra o sábado 17 a Xornada da Resistencia Galaica en homenaxe aos mártires da Frouseira e na lembranza da loita do pobo galego contra as tropas castelás, acontecida arredor do 17 de decembro do 1483 no devandito e emblemático cumio. A brava resistencia exercida naqueles días e máis a querenza pola lingua e cultura nacionais galegas nestes 528 anos, fixeron que Galiza conserve aínda unha identidade de seu.
