Nota de prensa
Celebración da Luz da Paz de Belén, que fixemos na Paroquia de Santa María de Lieiro. Un ano máis o Grupo Scout ESVEDRO de Cervo achegou a Luz de Belén á Mariña. O venres dia 16, compoñentes de ESVEDRO, foron recoller a LUZ de Belén a Santiago nun acto celebrado na capela de San Francisco, onde os Scouts Católicos de Galicia reuníronse nunha celebración para repartir esta luz entre os distintos grupos.
Unha vez aqui en Cervo, o pasado mércores, nunha sencilla celebración na Igrexa de Santa María de Lieiro repartiron a LUZ entre as persoas da Unidade Pastoral. Acabou o acto cunha chocolatada e coa repartición dunhas galletas caseiras de mel (en forma de estrela de Belén) que durante os dias anteriores foron elaboradas polos rapaces do grupo scout.
Esta Luz de Belén é unha mensaxe de Paz, de Nadal ,de levar esa Luz a tantas persoas como sexa posible, unha LUZ que presidirá as celebracións familiares destes dias de Nadal . Esta LUZ é algo máis que un simple símbolo. Porque cada vez que transmitimos un pouco de alegría, cada vez que mostramos solidariedade cos nosos semellantes facemos que sexa NADAL.
Desde o Grupo Scout Esvedro, queremos dar as grazas a todas as persoas que fixeron posible a realización desta celebración, tan especial para nós, a todos os asistentes e máis nada que desexar un BO NADAL e un PRÓSPERO ANO NOVO.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



